InicioBARRIOSAberto o prazo para solicitar unha das 350 Hortas urbanas municipais

Aberto o prazo para solicitar unha das 350 Hortas urbanas municipais

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xa está aberto dende este luns 19 de xaneiro, o prazo para solicitar as cerca de 350 parcelas dispoñibles dentro do programa municipal de hortas urbanas para o período 2026-2029.

Nesta edición habilítanse seis espazos públicos para uso hortícola nas seguintes localizacións: parque de San Pedro de Visma (que substitúe ao recinto do Agra do Orzán), Eirís, Novo Mesoiro, parque Adolfo Suárez, parque de Oza e parque Carlos Casares. Estes dous últimos estarán destinados exclusivamente a entidades sen ánimo de lucro e centros educativos.

As bases recollen que as persoas usuarias con autorización vixente nas hortas do Agra do Orzán –espazo que desaparecerá debido ás obras do Sector II de San Pedro de Visma– terán preferencia na adxudicación e dereito a recuperar o tempo non gozado, se así o solicitan.

Novos recursos para as persoas usuarias

O Concello abre novas canles de comunicación que permitirán ás persoas usuarias consultar dúbidas sobre produtos, resolver conflitos, comunicar
renuncias ou recibir información relevante. Os carnés identificativos incluirán un código QR que dará acceso directo á normativa vixente e a avisos actualizados. Xunto coa entrega das chaves das parcelas, facilitarase un pequeno manual co resumo das normas básicas de uso.

 

A solicitude pode realizarse ata o 30 de xaneiro a través da Sede Electrónica do Concello da Coruña ou presencialmente nas oficinas do Rexistro Xeral situadas en María Pita, A Franxa, Fórum Metropolitano e Ágora

ÚLTIMAS

O BNG volve preguntar polo, prometido hai 10 meses, concurso para designar a dirección da Fundación Luís Seoane

Xa pasaron case 10 meses dende que o Xornal da Couña destapaba o escandaloso...

Miguel Lorenzo derrogará a declaración de zona tensionada da Coruña se chega á alcaldía

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Coruña, Miguel Lorenzo, anunciou o seu...

Controlado un conato de incendio no lugar das Rañas en San Cistovo das Viñas

  Un conato de incendio declarado este xoves nas Rañas, na Coruña, deuse por controlado...

UDC, Inditex e o MIT asinan un proxecto para transformar residuos cervexeiros en materiais sustentables

O Centro de Investigación en Tecnoloxías dá Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here