InicioCULTURAOs medios en galego seguen vivos 150 anos despois

Os medios en galego seguen vivos 150 anos despois

Publicada o

Por Redacción

Ata Ourense desprazáronse os membros da Asociación de Medios en Galego (AMEGA), da que este Xornal forma parte, para celebrar o Día dos Medios en Galego. Unha cita que se lembra no país cada 7 de febreiro para lembrar a publicación do primeiro número de O Tío Marcos da Portela, considerada a primeira cabeceira escrita íntegramente en galego, e que neste ano cumple o seu 150 aniversario. A data tamén serve para homenaxear ao seu promotor, Valentín Lamas Carbajal, un valeroso xornalista, poeta, escritor, que a pesar da súa discapacidade visual foi un dos grandes referentes da cultura galega do século XIX.

A AMEGA, o Consello da Cultura Galega e Real Academia Galega, coa colaboración da Deputación de Ourense e a Secretaría Xeral de Política Linguística, realizaron un completo programa.

A xornada do venres arrincou no Liceo cunha interesante mesa redonda sobre os retos aos que se enfronta a prensa nesta era das redes sociais, a Intelixencia artificial e a desinformación. Representantes de asociacións catalanas e vascas refrendaron  na que se puido corroborar que o galego, por primeira vez, parte nunha posición de igualdade co resto de linguas cooficiais do estado.
De seguido celebrouse unha divertida foliada na Praza de San Martiño coas entidades A Galleira, Cantos da Cunha, Feitizo de Pau, Escola Provincial de Danza Castro Floxo e a Coral de Ruada.

Dia dos Medios en Galego-Foliada

O domingo, o Consello artellou un interesante roteiro polas pegadas de Lamas na vila da Burga (que en Ourense lle din en singular), da man de Alfonso Monxardín, e coas intervención do bisneto do escritor Manuel López-Ribadulla Lamas, a presidenta do Consello da Cultura Galega Rosario Álvarez, da Academia Galega María López Sández, o secretario xeral da Lingua Valentín Garcia e o presidente da Asociación de Medios en Galego Fernando de Paz.
A xornada finalizou no Liceo cunha actuación da coral de Ruada e un cocido no Liceo.

Dia dos Medios en Galego-roteiro 5
Fernando de Paz, presidente de AMEGA, co historiador e guía Afonso Monxardín, diante da sede do Tío Marcos da Portela no roteiro sobre Valentín Lamas Carbajal

Toda a información podedes completala en mediosengalego.gal, onde tamén podedes ver os medios da AMEGA así como os máis de 100 medios que comunican na nosa lingua

 

 

 

ÚLTIMAS

O polémico proceso de concesión da Rede de Escolas Infantís vive un novo fito coa exclusión dunha das empresas gañadoras

Novo fito no polémico e paralizado proceso de concesión da xestión das Escola Infantís...

As familias do CEIP Cidade Vella comezan unha nova serie de mobilizacións pola seguridade no centro

As familias do CEIP Cidade Vella volveron este venres a concentrarse diante do centro,...

SKPMotor analiza a polémica sobre o gañador do Campionato Galego de Slalom

Novo programa da 14ª temporada do programa SKPMotor na CUAC FM. O programa, que se...

O Grao en Cinematografía e o máster en Atención Temperá, oferta da UDC para o curso 2028 e 2029

O Consello de Goberno extraordinario da Universidade da Coruña (UDC) aprobou as declaracións de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here