InicioA CORUÑAO Programa de Lecer debátese dentro e fóra de María Pita 

O Programa de Lecer debátese dentro e fóra de María Pita 

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Preto de 200 persoas arrouparon os docentes dos cursos culturais do Programa de Lecer do Fórum e do Ágora esta mañá na cacerolada convocada en María Pita. Unha mobilización para asegurarse que os membros do goberno, e da corporación municipal, que acodían ao pleno, se enteiran das demandas tanto dos 60 docentes como dos máis de 3.000 usuarios deste histórico programa.

Mentres no pleno, e vixiados por varios docentes (que ademais fixeron uso do escano cidadán, por segunda vez en 4 meses, se ben tiveron que esperar ás 17:00h da tarde á reanudación dun pleno que foi suspendido pola alcaldesa tras unha subida de tensión entre o PP e o PSOE), debatíanse dúas preguntas formuladas por PP e BNG sobre o asunto, na praza docentes e usuarios berraban e facían soar os seus elementos domésticos para deixar claro a súa disconformidade coa situación: varios meses de débedas, e xa un mes de atrasos na posta en marcha dos cursos.

Tivo arrestos Gonzalo Castro, Concelleiro de Cultura, para, antes de entrar no pleno, colarse no medio da cacerolada para “trasladarvos todo o meu apoio”, asegurando que “estamos solucionando o problema”, e que “o programa comezará en días”. Unha promesa que non sentou de todo ben entre o profesorado, que saben que as cousas non están tan avanzadas, e que o único que aceptou a empresa concensionaria Serviplús, é a cesión da débeda, non á cesión da xestión dos programas.

Xa no pleno, despois das inquerencias de BNG e PP por solventar con urxencia a situación, o propio Castro asegurou que o Concello ten “solucionado o máis urxente: o pago das débedas”, garantindo o pago (pendente de que un 30% do profesorado envíe a súa situación concreta), usando fondos do IMCE despois de reter varias facturas da propia Serviplús.

”A seguinte urxencia é a de manter o servizo, e para iso estase falando con varias empresas para que asuman a cesión temporal da xestión”, sinalou, asegurando que xa houbo unha reunión cunha empresa, pero sen matizar ningún paso máis. En paralelo, como sinalamos onte, “o Concello está a elaborar nun novo pliego” para a concesión da xestión do programa de Lecer (enténdese que tamén o das Escolas Deportivas Municipais), “no que se vai escoitar aos representantes dos traballadores”, apuntou agradecendo a colaboración da CIG.

Máis novas

O conflito no programa de Lecer dá outro salto pero segue no aire e o profesorado convoca unha cacerolada

O Programa de Lecer e as débedas dos docentes, pendentes da vontade da empresa reincidente

Docentes e usuarios defenden o Programa de Lecer nunha reivindicativa ”aula aberta” en María Pita

O Concello rescata, a medias, aos traballadores do Programa de Lecer do Fórum e do Ágora

O persoal das Escolas Deportivas Municipais presentou 1.500 sinaturas e reivindicou as súas demandas no escano cidadán

ÚLTIMAS

O Pleno aproba a nova ordenanza de terrazas e o Programa Municipal de Xestión de Residuos

Unha lamentable escalada de tensión entre PP e PSOE provocou que a alcaldesa...

A borrasca Nils deixa numerosas incidencias na Coruña: desprendementos e a Terceira Rolda afectada

O 112 Galicia rexistrou desde este mércores un total de 794 incidencias relacionadas coa...

O aluguer na Coruña baixou un 10% coa declaración de Zona Tensionada, segundo o concello

O goberno local da Coruña destacou "a baixada do 10%" do prezo medio do...

Cortada a Terceira Ronda tras afectar o forte vento á estabilidade dun sinal

O Concello da Coruña cortou, este mércores pasadas as 17:00h, a Terceira Ronda por...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here