InicioDEPORTESDous detidos por estafar a Lucas Pérez con billetes falsos

Dous detidos por estafar a Lucas Pérez con billetes falsos

Publicada o

Por Galicia Confidencial

Axentes da Policía Nacional detiveron en Madrid dous individuos e identificaron varias persoas máis pola súa presumible relación cun delito de estafa ao futbolista galego Lucas Pérez, actualmente no Cádiz CF, ao intentar pagar distintos obxectos e un coche de luxo valorados en 340.000 euros con billetes falsos. A investigación iniciouse o pasado mes de febreiro, cando o dianteiro galego denunciou ser vítima dunha estafa tras tentar vender roupa, xoias e reloxos, así como un coche de alta gama.

En concreto, tratábase de catro reloxos de luxo, tres aneis de ouro e diamantes e nove prendas de vestir, segundo adiantou o xornal Marca. O futbolista puxera á venda estes obxectos por un valor total de 340.000 euros160.000 euros pola roupa, as xoias e os reloxos, e 180.000 euros polo coche de luxo. As persoas agora investigadas contactaron con el mostrando interese en facerse con estes bens.

Vendedor e compradores chegaron a citarse en dúas ocasións: unha primeira para ver o material e unha segunda para pechar o pago. Nesta última cita, os presuntos estafadores entregaron ao dianteiro unha bolsa con diñeiro, aínda que a maior parte dos billetes eran falsos. Unha vez na súa vivenda, Lucas Pérez comprobou que só unha mínima parte do diñeiro entregado correspondía a billetes de curso legal, mentres que a práctica totalidade era diñeiro falsificado.

Tras as pescudas realizadas pola Policía Nacional, os axentes puideron identificar os presuntos estafadores. Finalmente, dous homes de 29 anos, un de nacionalidade francesa e outro de orixe belga, foron arrestados o pasado 11 de marzo nun hotel da capital, mentres que outras persoas foron tamén identificadas.

ÚLTIMAS

Nace CAbe (Coruña Arte Aberta), a nova fiestra aberta á arte contemporánea galega

Mentres esmorece o museo da Fundación Luís Seoane, un dos catro grandes museos de...

Activada a alerta laranxa por choivas no oeste da provincia da Coruña

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) activou para este mércores a alerta laranxa por...

Castelo Conta convirte ao pequena aldea de Culleredo no epicentro cultural galego

Arrincou este luns unha completa semana de actividades en Castelo. A pequena aldea de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here