InicioA CORUÑAO PP levará a pleno "inexecución" do orzamento do goberno municipal

O PP levará a pleno “inexecución” do orzamento do goberno municipal

Publicada o

Por europapress

Volve incidir o portavoz municipal do Partido Popular no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, na “inexecución” do orzamento de 2025 por parte do goberno local. O PP presentará dúas mocións e unha pregunta oral no pleno deste mes de xuño respecto das consecuencias da “inexecución” do orzamento de 2025 por parte do goberno local e “propondo solucións para a súa corrección”.

Segundo explicou en rolda de prensa, o goberno municipal deixou sen executar 8,2 millóns de euros de 8,3 para rehabilitación e accesibilidade e 10,5 millóns de euros de 13 para actuacións en colexios e instalacións deportivas e culturais.

En canto á primeira partida, expuxo, a formación propón un informe “sobre as causas da baixa execución”; un “Plan Municipal de Choque para a Accesibilidade”; unha “Oficina Municipal de Apoio a Accesibilidade e Rehabilitación” ou “unha convocatoria de axudas anual fixa e que permita presentar solicitudes todo o ano”.

Respecto ás axudas para as instalacións educativas, culturais e deportivas, solicita tamén presentar un informe no que se “detalle a porcentaxe de execución de cada actuación e xustificación do non feito”, así como previsión para 2026 “con prazo de execución e importe de cada actuación”.

Do mesmo xeito, Lorenzo avanzou que formularán unha pregunta oral acerca da valoración que fai a rexedora sobre a liquidación do orzamento de 2025. O mesmo, segundo recalcou, “reflicte unha parálise absoluta e unha xestión ineficaz máis que preocupante que levarán recortes no orzamento por importe de 12 millóns de euros”.

Máis novas

Sumar, Esquerda Unida e Podemos unen o seu discurso fiscalizando a falta de execución do goberno municipal

Inciden na falta de execución do goberno municipal: Investidos só o 2% das subvencións para rehabilitación e ascensores

 

 

ÚLTIMAS

Lembran os 25 anos do derrubamento do Asilo de Adelaida Muro, cando a especulación venceu ás necesidades sociais

Fai 25 anos que se derrubaba o Asilo de Anciáns de Adelaida Muro. Un...

DdC considera que o fallo sobre a urbanización da Maestranza do TSXG contradí os preceptos do TS

Coñeciamos onte que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimaba o recurso interposto...

As 10 rutas do Samaín que fan barrio na Coruña: O Martinete e San Cristovo das Viñas

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón, do Ventorrillo e...

As 10 rutas de Samaín que fan barrio na Coruña: O Ventorrillo e a Praza do Comercio

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón e de Monte...