InicioBARRIOSMartinete ponse, por fin, de festas. O Ventorrillo tamén tiran de orgullo...

Martinete ponse, por fin, de festas. O Ventorrillo tamén tiran de orgullo de barro

Publicada o

Por Redacción

Tras a demolición do edificio abandonado que tanto tempo definiu o barrio, Martinete entra nun novo capítulo e quere celebralo reunindo veciños, familias e amigos nunha gran festa comunitaria.

Os días 20 e 21 de xuño de 2026, o barrio de Martinete celebrará a súa primeira festa veciñal. Esta festa nace como símbolo da unidade, a perseveranza e o esforzo dos veciños que loitaron xuntos durante anos para mellorar o seu contorno.

Baixo o lema “Xuntos construímos o noso barrio”, a Asociación Veciñal de Martinete Os Anxos organizou un fin de semana pensado para todas as idades.

O programa inclúe un paseo comunitario, un pregoeiro, unha sesión vermú, unha churrascada, xogos infantís, unha festa da escuma e actuacións de Paty Lesta & The Hits, The Nunzias, Clandestinos e DJ Javito.

Xa poden ir reservando o churrasco no 650 03 30 42!

Festas no Ventorrillo

No Ventorrillo, a celebración terá un marcado carácter reivindicativo e festivo arredor da
diversidade. Baixo o lema “Orgullo de barrio, orgullo de todes”, o programa comezará ás 13.30 horas cunha sesión vermú a cargo de The Feedback. Pola tarde, un dos pratos fortes será a presenza da drag La Brillos, con dous pases ás 17.30 e 18.30 horas, intercalados coa lectura do manifesto dos colectivos LGTBIQ+ ás 18.00 horas. A xornada continuará coa actuación musical de Zeltia e May ás 19.15 horas.
A programación complétase con iniciativas paralelas como un churrasco popular, un mercadillo de artesanía, unha exposición de murais realizados nos últimos anos no barrio e a presenza dun servizo de probas rápidas de VIH, reforzando o carácter inclusivo, social e comunitario do evento.

Festas do Ventorrillo Coruna 2026 copia

ÚLTIMAS

The Rapants e a Fundación Paideia triufaron nos Premios PALCO da Industria Musical Galega

Celebrouse onte na Sala Capitol de Compostela a entrega da segunda edición dos Premios...

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here