InicioBARRIOSA loita antifascista de Luís Seoane invade o Ágora

A loita antifascista de Luís Seoane invade o Ágora

Publicada o

Por Redacción

Acolle o Centro Ágora, ata o 18 de xullo, unha nova e singular exposición. A Asoc. Veciñal Agra trae o álbum de Luís Seoane “13 estampas de la traición”, da man da colaboración da Fundación Luís Seoane e unha axuda económica da Deputación da Coruña.

Partícipe do movemento memorialista, a asociación Agra organiza esta mostra para alentar a conciencia e memoria democrática, no 90 aniversario do golpe de estado de 1936, e en pleno auxe das ideas fascistas e de ultradereita.

Para combatilo, que mellor que recoller textos e debuxos daquela época, desta volta co primeiro álbum de debuxos de Luís Seoane; editado en 1937, cando Seoane tiña 27 anos, meses despois de que comezase o seu exilio en Bos Aires, a cidade que o vira nacer. Este álbum formou parte das diversas publicacións que integraron a campaña de propaganda no exterior levadas a cabo polo goberno español.

“Nos trece debuxos que compoñen o álbum, catorce incluíndo a portada, Seoane pon de manifesto a inmoralidade do conflicto e os horrores da represión fascista, sinalando aos seus principais responsables, con Franco á cabeza, e denunciando os sufrimentos e as inxustizas infrinxidas á poboación civil.” (parágrafo recollido na web da Fundacón Luís Seoane)

Conferencia de Pepe Barro o xoves 16 de xullo ás 19 h na aula 9

A exposición compleméntase coa conferencia Xestualidade e dramatismo das “13 estampas da traizón” de Xosé María Pérez Barro, deseñador, ilustrador e escritor galego coñecido como Pepe Barro.

Exposición e conferencia, como todas as actividades do programa “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

ÚLTIMAS

A Coruña abre o prazo para repartir 80 composteiros domésticos de balde

O Concello da Coruña abriu unha nova convocatoria para a entrega de 80 composteiros...

A música urbana galega abre o Beat Out

O Parque de Santa Margarida vibra esta fin de semana co Beat Out. O...

O Flores Rock celebra 10 anos con 3 días de concertos

O Barrio das Flores volverá converterse a comezos de setembro nun dos grandes puntos...

A Coruña inicia a humanización da rúa Páramo cun investimento de case 340.000 euros

O Concello da Coruña iniciou esta semana as obras de humanización da rúa Páramo,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here