InicioA CORUÑAEsta noite de domingo comezan as obras nocturnas de mellora do firme...

Esta noite de domingo comezan as obras nocturnas de mellora do firme da rúa Juan Flórez

Publicada o

Por Redacción

Esta mañá de luns, comezan as obras entre a Praza de Pontevedra e a rúa Juan Flórez (ata o cruzamento coa rúa Médico Rodríguez), onde está previsto renovar o firme e, de paso, adecuar a sinalización na contorna para reforzar a seguridade viaria.

Os traballos, que se levarán a cabo en horario nocturno, comezarán na noite do domingo 12 ao luns 13. Tras estudar as posibilidades existentes, e atendendo ao intenso fluxo de circulación que hai polo día, os servizos municipais optaron por executar o asfaltado en horas nas que o impacto sobre a mobilidade sexa sensiblemente menor.

Actuarase ademais na sinalización dos carrís de acceso existentes desde a avenida de Fisterra e a rúa Francisco Mariño, en sentido de incorporación a Juan Flórez. Neste punto, e pola coincidencia de vehículos que acceden a Juan Flórez desde a praza de Pontevedra, o aparcadoiro subterráneo e Francisco Mariño, é máis frecuente a conxestión do tráfico rodado nun punto onde, ademais, hai unha parada clave no transporte urbano polo Ensanche. Ademais, tamén se trata dun treito onde se rexistran numerosas maniobras de incorporación a Médico Rodríguez. Por iso, o Concello ten previsto mellorar a sinalización horizontal e vertical aproveitando as obras sobre a calzada, co obxectivo de reforzar a seguridade viaria e facer máis sinxela a circulación nesta parte da cidade.

ÚLTIMAS

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña ponse en folga

Os representantes dos traballadores da Compañía de Tranvías da Coruña, composto polas seccións sindicais...

“Foliada”, a nova APP para consultar e compartir cantigas galegas

Xa coñecemos as aplicacións ”Breogán” e ”Carmucha”. Ferramentas dixitais que espallan a nosa música...

A Coruña pídelle á Xunta xestionar a nova estación de autobuses: “En Vigo, transferiuse ao Concello”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, manifestou a intención do concello herculino...

Mar de Fábula e persoas privadas de liberdade do CIS constatan o regular estado de saúde do Areal da Torre

A pasada semana, o areal da Torre acolleu a quinta acción ambiental deste ano...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here