InicioCULTURAO Festival Manicómicos arrincou as primeiras risas da finde

O Festival Manicómicos arrincou as primeiras risas da finde

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Arrincou este xoves a 25ª edición do Festival Manicómicos. Como o ano pasado, a primeira xornada tivo que celebrarse no Frontón por mor da ameaza de tormenta (estaba formulado para o Paseo das Pontes), pero a pesar da calor, o centro deportivo é un estupendo escenario para o circo.

Presentaba a sesión un dos armandanzas da familia manicómica, Carlos Sante, que agradecía a colaboración municipal e recordaba con fachenda o premio ás Boas Prácticas recollidopola compañía.

A primeira sesión correu a cargo de Circo Psikario, con ¡Qué disparate!, un espectáculo de clown, circo e teatro de obxectos para toda a familia. As cadeiras e tamén as bancadas do Frontón ficaron chea de risas para gozar co carrusel de emocións que trouxeron dende Extremadura.

Festival Manicomicos no Fronto Coruna
Gran acollida á primeira sesión do Fesstival Manicómicos no Frontón

O Festival continúa esta fin de semana levando as risas polas parroquias, hoxe venres no Campo da Leña, mañá sábado na Praza de Pablo Iglesias, rematando o domingo na gran Gala no Anfiteatro de Santa Margarida.

Podedes ver aquí o programa completo.

Máis novas

O Festival Manicómicos leva o mellor circo contemporáneo a catro barrios da cidade

Os Manicómicos, gañadores do “Premio Nacional CIRCORED ás Boas Prácticas”

 

ÚLTIMAS

Desestiman o recurso de Defensa do Común: Poderán reanudarse as obras da urbanización de luxo da Maestranza

As obras poderán volver á parcela da Maestranza para continuar coa urbanización de luxo...

As 10 rutas do Samaín que fan barrio: Os Mallos

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, do Castrillón e de Monte Alto, seguimos...

“Son o noso alumnado, os nosos fillos”, profesorado de Ferrol mostra o seu apoio a un alumno ferido nas protestas na Coruña

O profesorado do IES Concepción Arenal de Ferrol amosou o seu apoio a un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here