InicioCULTURAÚltimos días para que as bandas emerxentes se inscriban no concurso de...

Últimos días para que as bandas emerxentes se inscriban no concurso de Sonidos Mans Salas

Publicada o

Por Redacción

A Fundación Paideia Galiza, coa colaboración da Deputación da Coruña, vén de poñer en marcha unha nova edición de Sonidos Mans Salas, un concurso dirixido a solistas e bandas galegas emerxentes, de calquera estilo musical. Os tres proxectos finalistas poderán gravar un tema e un videoclip nos Estudios Mans da Coruña. Ademais, a banda ou solista gañadora, protagonizará unha actuación ao vivo nunha sala de concertos da provincia da Coruña.

A inscrición permanecerá aberta ata o 24 de xullo a través da web https://salas.sonidosmans.com/

As bandas e solistas interesadas deberán presentar unha canción orixinal mediante o formulario habilitado na plataforma. Un xurado integrado por Sabela Maneiro, integrante de Tanxugueiras; Lucía Aldao, poeta, música e líder da banda PAVA; e o cantante e compositor Enrique Ramil avaliará todas as candidaturas recibidas e seleccionará os tres proxectos finalistas. Estes actuarán en directo o vindeiro 30 de agosto no marco do Festival de la Luz, en Boimorto, nunha audición final da que sairá o proxecto gañador.

A Fundación Paideia Galiza e o seu apoio a artistas emerxentes

Con esta nova edición do concurso Sonidos Mans Salas , que vai xa pola súa sétima convocatoria, continúase co traballo a prol do desenvolvemento de novos proxectos musicais galegos da Fundación Paideia Galiza. Este concurso súmase ó resto de accións que a organización desenvolve para fomentar a actividade artística no sector da música e máis recentemente tamén no sector da danza, poñendo ao servizo das/os artistas emprendedoras/es ferramentas necesarias para visibilizar e profesionalizar os seus proxectos.
Entre as diferentes actividades que se desenvolven a través de Estudios Mans, destacan actividades de aceleración, formación en competencias profesionais, así como a promoción e gravación de artistas.

Estudios Mans ou a gravación de máxima calidade accesible para toda clase de proxectos

 

Primeira edición do ‘Encontro de Música Aberta’ na sede dos Estudos Mans, unha cita na que conectar o sector musical galego con todos os públicos

ÚLTIMAS

As protestas contra a directiva e a censura colocan ao Dépor nun crú momento de fractura social

Deberían ser tempos de ilusión, coa volta do Dépor á 1ª División. Pero o...

Denuncian o colapso en Urxencias do Chuac mentres a xerencia sinala “unha demanda superior á habitual”

CIG-Saúde alertou dun colapso en Urxencias do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) mentres...

O PP da Coruña reclama ao Goberno un plan ferroviario urxente e investimentos para Alvedro

O PP da Coruña reclamou ao Goberno central novas actuacións en materia de infraestruturas...

A Policía detén un home tras roubar con violencia 50 euros a unha muller de máis de 80 anos

Axentes da Policía Nacional detiveron este luns na Coruña un home acusado dun roubo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here