InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOMobi-Liza organiza no MUNCYT unha xornada sobre Mobilidades Invisibles

Mobi-Liza organiza no MUNCYT unha xornada sobre Mobilidades Invisibles

Publicada o

Por Redacción

A Asociación Mobiliza, que promove a Escola da Bici e coida o Taller social Reciclos entre outras actividades, prepara unha nova xornada. Este venres 18 de setembro, de 09:30 a 18:30 h, o MUNCYT da Coruña, acolle a sesión chamada Mobilidades Invisibles no marco da Semana Europea da Mobilidade.

A xornada nace coa vontade de ampliar a mirada sobre a mobilidade e poñer en común outras formas de entender os desprazamentos e a relación co espazo urbana. E para iso faranse preguntas como “Que mobilidades vemos cando pensamos na cidade? Cales quedan en segundo plano? Que experiencias e necesidades deberiamos ter en conta cando deseñamos os espazos polos que nos movemos?”. Porque non todas as mobilidades son iguais, nin responden ás mesmas necesidades, ritmos ou condicións.

Ao longo do día contarán con diferentes voces e experiencias que nos permitirán abordar estas cuestións desde a reflexión e, especialmente, desde a práctica. Compartiremos experiencias, coñecementos, ferramentas e exemplos de aplicación, cun percorrido do análise á acción, buscando conectar o debate coa transformación real dos espazos e das formas de mobilidade. A xornada será tamén un espazo de encontro e intercambio, aberto a profesionais, entidades sociais, colectivos e persoas interesadas en pensar e transformar a mobilidade e o espazo público.

Máis novas

Abertas as inscricións para os novos cursos da Escola da Bici

Reciclos, o taller social de Mobi-Liza que segue espallando a cultura da bici

ÚLTIMAS

Centos de antifascistas calan a uns poucos simpatizantes de Vox na Coruña

Centos de persoas concentráronse este sábado na Praza de Lugo, na Coruña, en protesta...

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here