InicioA CORUÑAO Padroado da Fundación Luís Seoane volverá lanzar un proceso de selección...

O Padroado da Fundación Luís Seoane volverá lanzar un proceso de selección da dirección en decembro

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Esta pasada tarde de mércores 30 de setembro, coincidindo cos novos actos do festival Intersección, foi convocado un novo Padroado da Fundación Luís Seoane, 11 meses despois da última reunión.

Foi no pleno de hoxe, xoves 1 de outubro cando se coñecía esta nova convocatoria, despois de que o BNG volve traer a colación a situación de parálise do centro de arte contemporáneo máis importante da cidade.

De primeiras, o edil de Cultura, Gonzalo Castro quixo puntualizar a palabra que usou a concelleira do BNG, Mercedes Queixas, asegurando que a alcaldesa non “renunciou” a presidir o Padroado, senón que foi un “cambio de representante da corporación municipal”.

Queixas incidiu na situación de “descrédito” que vive a entidade que dá nome a unha das figuras máis importantes da arte contempárea galega, lembrando que se leva incumprindo a decisión de substituíri a dirección provisional, “moi discutida”, despois da anulación do polémico proceso de selección denunciado por este Xornal.

Castro comezou culpando “á utilización política do BNG” a situación que vive a Fundación, e criticou que a concelleira nacionalista, membro tamén do Padroado, non “realizase o mesmo alegato na reunión do Padroado de onte, porque non lle ía dar ninguén a razón”.
Castro acabou agradecendo a actitude “crítica pero construtiva” do edil do PP local Carlos San Claudio e do Director Xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo.

Novo Padroado en decembro

Aproveitou Castro para avanzar varias das decisións tomadas no Padroado de onte, sinalando que o vindeiro 17 de decembro vai haber unha nova convocatoria na que se vai aprobar as bases do novo proceso de seleccion da dirección, e a creación dun xurado que asegure un proceso transparente. Acordouse tamén eliminar a comisión executiva, facendo que o padroado sexa o órgano executor.

En decembro aprobarase tamén, o plan de actuación de 2027, para dotar á entidade “de medidas estruturais e estratéxicas”, pensando máis alá de 2027.

Máis novas

A Fundación Luis Seoane mantén a súa actividade arredor do Intersección

 

 

ÚLTIMAS

A Coruña prorrogará os orzamentos de 2027 tras quedar o goberno de Inés Rey sen apoios

O goberno local da Coruña, liderado pola socialista Inés Rey, prorrogará os orzamentos para...

Aberta na Biblioteca da Sagrada Familia o novo espazo de creación e participación “A Eira”

Quedou aberto onxe "A Eira", o novo espazo de creación e participación cidadá integrado...

A Coruña recibe as cinco propostas finalistas para definir o futuro dos seus espazos portuarios

O proceso para definir a transformación dos espazos portuarios da Coruña entrou nunha nova...

Tres detidos e dous investigados por un apuñalamento nun bar de Arteixo

A Garda Civil e a Policía Local de Arteixo detiveron a tres persoas e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here