InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOUn máis que necesario reforzo de bicis eléctricas

Un máis que necesario reforzo de bicis eléctricas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Nos últimos meses, as bicis eléctricas do servizo municipal BiciCoruña parecían meigas: “habelas hailas” pero ninguén as vía. Nos barrios criticabábanse que as bicis eléctricas só ficaban no centro, pero polas estacións do centro apenas se podían atopar.
Polo medio, as críticas nas redes sociais ao uso “abusivo” da mocidade do servizo. Como é posible usar demasiado un servizo público?

A realidade é que fai falta mellorar o fantástico servizo co que conta a cidade. O verán parece que é un claro pico de actividade, polo que o Concello terá que doblar esforzos para cubrir todas as necesidades. Fondos, os Next Generation, hai.

Polo de pronto, o Concello anunciaba onte a incoporación de 92 novas bicicletas eléctricas, sendo máis de 600 (tanto eléctricas como mecánicas) as dispoñibles actualmente. Afirman dende o Concello que agora un 40% do total son elécticas.

As unidades recén adquiridas sairán á rúa nos vindeiros días, unha vez que se completen os traballos para a súa carga e actualización de software.

BiciCoruña conta, actualmente, con 47 estacións e máis de 11.000 persoas usuarias, case catro veces máis que en xullo do ano pasado. No que vai de 2023 xa se contabilizaron 578.626 usos —dos que 126.101 correspóndense ao mes de xuño—, a mellor marca da historia do servizo.
Ademais, sinalan que nos vindeiros meses vanse instalar 8 novas estacións localizadas na contorna da praia de Oza, o acceso ao CHUAC desde a avenida da Lamadosa, o barrio das Flores, o polígono de Pocomaco, o campus de Oza, o campus da Zapateira e outras dúas no campus de Elviña.
A idea é chegar a 90 estacións.

Chamamento ao uso correcto do servizo

Precisamente, sobre esas queixas nas redes, a alcaldesa Inés Rey fixo fincapé na importancia de “utilizar correctamente o servizo”, e fixo un chamamento ás persoas usuarias para “cumprir a normativa que asume toda e todo usuario de BiciCoruña ao darse de alta, xa que de non facelo poderase aplicar unha suspensión ás persoas infractoras, así como tamén penalizacións”.
No tocante a este asunto, Inés Rey avanzou que “para garantir un mellor comportamento das persoas usuarias, especialmente das máis novas, que non contan con coñecementos de seguridade vial, estamos traballando para poñer en marcha un plan de formación nos centros de ensino que axude ás e aos usuarios a facer un uso correcto das bicicletas”.

ÚLTIMAS

Homenaxe do PPdeG a Luísa Villalta coa presenza da nai, a irmá e un sobriño

O PPdeG celebrou este sábado un acto na Coruña polas Letras Galegas no que reivindicou...

A Coruña homenaxea a Luísa Villalta, “activista polo idioma” e muller “comprometida”

Autoridades e familiares de Luísa Villalta reivindicaron a obra e a figura da escritora...

Coruña homenaxea a Luísa Villalta, a poeta da ‘Cidade Alta’

Galicia celebra un ano máis a festa da súa lingua e das súas letras. A...

Maxia e humor

Teño un problemiña cos magos e os humoristas. Dende a máis tenra infancia. Póñome...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here