InicioSOCIEDADESuspendida a vista pola posible posta en liberdade dos policías acusados da...

Suspendida a vista pola posible posta en liberdade dos policías acusados da morte de Diego Bello

Publicada o

Por europapress

O tribunal encargado de levar a cabo o xuízo contra os tres policías filipinos acusados de asasinar o coruñés Diego Bello, en xaneiro de 2020, decretou a suspensión da vista prevista para este luns e na que se ía a estudar a peticion dos axentes de saír en liberdade baixo fianza, á espera do inicio do proceso.

Así o informa a familia do mozo coruñés en base á notificación trasladada polo tribunal, que sinala que se está á espera de que a Corte Suprema do país decida sobre a petición da familia de Diego de que se traslade o xuízo a un tribunal da capital, Manila, “para unha maior dilixencia na tramitación do caso”. O tribunal de Dapa, ao sur do país, xurisdición onde se produciron os feitos, na illa de Siargao, non entra a valorar a petición dos policías e apraza a vista ata coñecer a decisión da Corte Suprema.

Nun comunicado, a familia lembra que “a lei filipina prohibe textualmente a concesión de liberdade baixo fianza a acusados en casos de asasinato como este, dándose, ademais, a circunstancia de que os policías estiveron prófugos da xustiza do seu país durante dez meses antes de entregarse voluntariamente en marzo deste ano”. Os tres tamén están acusados de falsificar probas “para xustificar a morte de Diego Bello”, apuntan.

ÚLTIMAS

Comunitaria pon á vivenda colaborativa como unha alternativa real

Fan falta iniciativas singulares para que a sociedade poida enfrontarse á crise da vivenda,...

“Coidar non é indigno. É inxusto facelo sen dereitos”: Denuncian a falta de protección das coidadoras e traballadoras do fogar

O Seminario Internacional de Investigación Mobilidades, reprodución social e desigualdades globais: novos enfoques para...

O Concello da Coruña aproba o proxecto de reparcelamento do cuartel da Grela para albergar cocheiras

O Concello formalizou definitivamente o proxecto de reparcelamento da propiedade denominada Acuartelamento da Grela...

A artista herculino-muxiá Viki Rivadulla trae as súas Mouras á Normal

Coa ilusión de volver o seu berce, Viki Rivadulla leva a súa exposición "Onde...