InicioCULTURAXunta e Afundación promoven un catálogo sobre a "identidade e historia" da...

Xunta e Afundación promoven un catálogo sobre a “identidade e historia” da Coruña

Publicada o

Por europapress

A Xunta e Afundación presentaron o catálogo da exposición ‘A Coruña no tempo’, unha mostra que recibiu case 8.000 visitas e pechará as súas portas o próximo 16 de setembro na cidade herculina. “Non é un catálogo convencional, o visual predomina sobre o textual”, destacou o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, na presentación na sede de Afundación.

Na mesma estivo acompañado pola coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela; a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez; e polo comisario da mostra Manuel Gago.

Esta exposición é a cuarta das sete mostras que conforman o proxecto ‘Cidades no tempo’ que, segundo explicou Lorenzo, naceu “como unha revisión de como as cidades galegas conforman a Galicia contemporánea“. Despois de Santiago, Ferrol, Lugo e A Coruña continuará o seu percorrido en outubro coa inauguración dunha nova mostra en Vigo.

Neste sentido, Gago recalcou que estes eventos deben “deixar un legado, unha proposta para o futuro que se incorpore á propia identidade da cidade”. Por este motivo, engadiu, este catálogo “está pensado para o público en xeral e reproduce a estrutura da mostra”.

CONTIDO

Segundo explicou, o libro “tenta trasladar de forma impresa a experiencia de sala” e inclúe as pezas físicas e “tamén os elementos interactivos e multimedia”. “Utilizamos o pasado para buscar as claves da identidade das cidades que no caso da Coruña é moi poliédrica e moi ampla”, engadiu.

Na mesma liña, Vela recalcou do catálogo que “recolle de maneira fonda, reflexiva e contextualizada a importancia da cidade da Coruña na entidade galega” e faino a través de “reflexións de importantes eruditos do tema”.

Este relato sobre a “identidade e historia” da cidade herculina contrúese con máis de 90 pezas de distinta tipoloxía como documentos históricos, obxectos simbólicos, obras de arte, fotografías ou planos, ademais da análise de expertos.

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...