InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA Xunta pide celeridade aos concellos da área da Coruña para elaborar...

A Xunta pide celeridade aos concellos da área da Coruña para elaborar plans de emerxencia fronte a seca

Publicada o

Por monchomarino

A Xunta urxiu aos concellos dependentes do sistema de abastecemento do río Mero, Arteixo e ría da Coruña que axilicen a elaboración dos plans de emerxencia municipal fronte a seca, para poder anticiparse a esas situacións con medidas de control e aforro do consumo da auga.

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, reuniuse este venres cos representantes dos municipios da área da Coruña para tratar de forma conxunta as posibles medidas a adoptar para o “estado de alerta por escaseza de auga”, declarada o 27 de setembro.

Na reunión participaron representantes dos concellos da Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cerceda, Culleredo, Oleiros, Sada e de Emalcsa, como xestora do encoro de Cecebre. Así, ratificaron que as reservas do encoro de Cecebre continúan baixando, cunha ocupación actual do 45,57%, inferior á dos anos anteriores.

Por iso, a institución solicitou ás entidades locais da área, con máis de 20.000 habitantes, a “entrega inmediata” do Plan de seca municipal, ao que están obrigados por lei. Un documento que tamén lle requiriu a Emalcsa, como responsable do abastecemento en alta deste sistema.

Así mesmo, trataron as medidas que deberán adoptar conxuntamente, no caso de que empeore a situación do encoro de Cecebre, incluíndo a posibilidade de incrementar os recursos dispoñibles coa combinación de fontes de subministración ou activar as reservas estratéxicas de auga, como as existentes no lago das Encrobas.

ÚLTIMAS

Labañou e Palavea, epicentros festeiros da fin de semana

Os barrios de Labañou e Palavea serán os centros culturais e festexeiros esta fin...

O Teatro Colón acolle este domingo unha homenaxe ao activista cívico e cultural Manolo Caamaño

O colectivo A Rigueira, do que formaba parte, organiza unha homenaxe a Manolo Caamaño...

A Coruña “énchese de pianos”

Chega hoxe, venres 12, á cidade a iniciativa “A túa cidade énchese de pianos”....

A Coruña: a cidade onde o diñeiro non dorme (porque xa non existe)

Que sorte temos os coruñeses. Mentres outras cidades perden o tempo xestionando orzamentos, mantendo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here