InicioA CORUÑAEstas son as imaxes escollidas para o Calendario da Coruña de 2024

Estas son as imaxes escollidas para o Calendario da Coruña de 2024

Publicada o

Por editor

O Concello da Coruña vén de seleccionar as 13 imaxes que formarán parte do calendario municipal do 2024. Un certame para poñer en valor a colaboración d@s fotógraf@s afeccionad@s da cidade, que serve para realizar este prezado almanaque, que trata destacar o patrimonio cultural, histórico, natural e paisaxístico da cidade.

O xurado estivo formado polos fotoxornalistas César Quián, Víctor Echave e Pedro Puig, ademais de Andy Pérez, responsable de fotografía do Concello, a alcaldesa Inés Rey, e os membros da corporación Francisco Díaz Gallego, Roberto Coira e Francisco Jorquera.

Xunto ás 13 imaxes seleccionadas (12 para os meses do ano e unha para a portada), o almanaque completarase con fotografías históricas da cidade para cada un dos meses do ano (aos amantes das imaxes históricas recomendamos a sección de cada fin de semana “Olladas doutro Tempo”)

Se a da portada é a de Alberto Vázquez Núñez que vemos arriba, aquí debullamos o resto de imaxes:

001_Eduardo_Mosqueira_Rey_XANEIRO__
Foto de Xaneiro de Eduardo Mosqueira Rey
● Febreiro: Saturio Maderuelo García
Foto de Febreiro de Saturio Maderuelo García
● Marzo: Angelica Pardo Casal
Foto de Marzo de Angelica Pardo Casal
● Abril: Alberto Quijada Loures
Foto de Abril de Alberto Quijada Loures
● Maio: María José Vázquez Pazos
Foto de Maio de María José Vázquez Pazos
● Xuño: Felisindo Novoa Álvarez
Foto de Xuño de Felisindo Novoa Álvarez
● Xullo: Montse Costa Fresquet
Foto de Xullo de Montse Costa Fresquet

 

● Agosto: Íñigo Rolán Taboada
Foto de Agosto de Íñigo Rolán Taboada
Setembro: Cosme Martínez Naya
Foto de Setembro de Cosme Martínez Naya
Foto de Outubro de Jéssica Dopico Tuimil
Foto de Outubro de Jéssica Dopico Tuimil
● Novembro: David Couce Rodríguez
Foto de Novembro de David Couce Rodríguez

 

● Decembro: Juanpa Ameneiros González
Foto de Decembro de Juanpa Ameneiros González

 

As persoas gañadoras recibirán un libro de fotografía e un ano de acceso gratuíto aos Museos Científicos Coruñeses para dúas persoas.

 

Máis novas

Olladas doutro tempo: Campo do Carballo e Camiño Novo

ÚLTIMAS

As chaves da folga de médicos na atención primaria galega

O meu nome é Afonso e son un dos representantes da asemblea de médicos...

Solidariedade Internacional celebrou 20 anos da tenda de comercio xusto de San Andrés

Se pensamos nas tendas de comercio xusto da cidade, seguro que a cabeza nos...

O BNG presenta unha batería de enmendas aos Orzamentos da Xunta de 2026 para a Coruña e comarca

As deputadas do BNG Mercedes Queixas e Iria Taibo, acompañadas da concelleira da Coruña,...

Sofía Espiñeira e Yudith Almeida emocionan nun peche musical que namorou ao público de Mulleres na Rúa


A Semana Mulleres na Rúa, artellada dende a Asociación de Veciños Oza – Os...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here