InicioMOV. SOCIAISAs traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta volven á...

As traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta volven á folga

Publicada o

Por editor

Este mércores 8 de novembro será a terceira xornada de folga das traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta (as municipais da Coruña, así como as de Cee ou Vimianzo), as responsables do ensino das nosas crianzas na etapa 0-3 anos. As traballadoras volverán a participar na manifestación que sairá ás 11:30 dende a Praza de Pontevedra e chegará ao Obelisco. Haberá concentracións ademais en Vigo e en Compostela, diante da patronal CEG.

As mobilizacións, convocadas polos sindicatos CIG-Ensino, CCOO Ensino e SNEP), seguen a protestar polo “bloqueo da patronal á negociación do XIII convenio colectivo”, así como para rexeitar a última proposta “miserenta e involutiva” presentada polo empresariado na reunión que tivo lugar o 2 de novembro, e que foi rexeitada por todas as organizacións sindicais.

Na última mesa de negociación, a número 11, a CIG-Ensino, que pide unión sindical, “rexeitou enerxicamente a proposta patronal por insuficiente, inxusta e inxustificada, ao querer seguir mantendo a precariedade salarial e afondar na involución de dereitos sociais e laborais do persoal traballador”.

Lembran que “as táboas, conxeladas dende 2021, xa quedaron por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional e cuxos dereitos laborais e sociais están tan só ao nivel do Estatuto das Persoas Traballadoras”, subliñan. Lembran que “este convenio é un dos máis precarios dos todos os convenios existentes a día de hoxe no ámbito da ensinanza”.

Piden ademais melloras sociais denunciando os problemas que teñen para conciliar as profesionais que máis revirten nas conciliación das familias.
Denuncian que teñen 38 horas de atención directa (sen tempo para preparar as clases), cando no resto de convenios hai un máximo de 27 horas directas.

Servizos mínimos

Un dos asuntos importantes é os dos servizos mínimos. Nas anteriores folgas, concellos como o de Coruña copiaban os decretos de empresas privadas e obrigaban a manter unha persoa por aula. Unha cifra absolutamente abusiva, tendo en conta que son contadas as aulas que teñen apoio, polo que foron moi poucas as que puideron participar nas anteriores mobilizacións.

O Concello coruñés recuou e retirou ese decreto, obrigando a ter varias profesionais á entrada e á saída, pero permitindo así exercer o dereito a folga.

Non así a Xunta, que “vén de vertirse de patronal”, como denuncia Henrique García, da CIG, que vén de lanzar un decreto para as escolas privadas, onde obriga a manter unha persoa por unidade.
Libran desta medida as de xestión indirecta, que dependen dos decretos de cada concello.

Manifestación en Compostela

O 15 de novembro está convocada a cuarta xornada de folga e para ese día haberá manifestación nacional en Santiago de Compostela, que sairá da Alameda, pasará pola sede da CEG e rematará na Praza de Praterías.

Máis novas

Traballadores en escolas ‘Galiña Azul’ e en atención a maiores maniféstanse na Coruña contra a temporalidade

Traballadores en escolas ‘Galiña Azul’ e en atención a maiores maniféstanse na Coruña contra a temporalidade

Traballadores en escolas ‘Galiña Azul’ e en atención a maiores maniféstanse na Coruña contra a temporalidade

ÚLTIMAS

Solicitan a retirada da Medalla de Ouro ao mérito no traballo ao Conde de Fenosa

Volve o sociólogo, investigador e vítima do franquismo Manuel Monge González, a rexistrar unha...

A Policía propón sancionar a 165 afeccionados polos altercados do Dépor-Málaga

A Policía elevou a un total de 165 afeccionados as propostas de sanción polos...

Renfe prestará servizo con 500 servizos de bus para facilitar a mobilidade polas obras na estación da Coruña

Renfe modificará o servizo e habilitará un plan alternativo de transporte por estrada con...

Exposición da obra do fotógrafo Irving Penn pola Fundación MOP até o 1 de maio

A Coruña convértese de novo na cidade escollida pola fundación Marta Ortega Pérez (MOP)...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here