InicioDEPORTESAs mil caras do Depor

As mil caras do Depor

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 12 – Depor 2 – SD Logroñés 0
  • Reencontro ca vitoria nun partido relaxado do Depor
  • Duodécimo partido de Imanol Idiakez como adestrador do Depor en partido oficial (4V 5E 3D)

— — —

Nesta morna tempada branquiazul, xa puidemos desfrutar de diferentes versións dun Depor que non acaba de tranquilizar a súa afección. Se ben nas primeiras cinco xornadas tivemos a mellor versión do equipo en velocidade, ocasións, fortaleza mental, nestas últimas semanas pasamos por derrotas duras, dúbidas no adestrador, gañas de mercado de inverno e dar por amortizados xa a varias fichaxes de verán.

O Dépor arrincou a tempada ben enchufado na casa e fóra dela, con bos partidos en Riazor nos que non puido arrincar unha vitoria aínda que o ben mereceu contra Majadahonda e Teruel. Mentres tanto as visitas a Lugo e Unionistas remataron con sensacións positivas e seguridade no bloque defensivo e cara ao gol. Mal comezo en puntos e goles, pero a cousa non era especialmente grave polo xogo, pola xeración de ocasións de gol, ademais de non sufrir en defensa en demasía. Despois chegaron as xornadas aciagas con derrotas en Fuenlabrada e contra o Turista en Riazor, onde entraron dúbidas co adestrador e sentenciouse a Valcarce, Davo, Cayarga… e os canteráns que, daquela, sorteaban o once. Derrotas duras no mental que espiron as vergoñas dunha plantilla que parecía máis vestida do que realmente estaba. Do partido de Irún, mellor non falar para no facer máis sangue no negativo. Ata aquí, dúas caras ben distintas dun equipo moi dubitativo para tan poucas xornadas disputadas.

Pois ben, esta fin de semana vimos unha nova cara do equipo. Partido aburrido, gañado dende a tranquilidade e sen sufrimento, que se ben, non dá para botar fogos de artificio, si ven ben para calmar ánimos e manter viva unha esperanza que moitos xa damos por perdida.

Nefasto partido de Davo e Valcarce en ataque, onde unha vez máis os Pablos levaron o perigo ofensivo na primeira metade.

Unha cousa parece clara no esquema: sen especialistas en ataque non vamos chegar moi lonxe este ano. Faltan media puntas, dianteiros e extremos. O que hai non vale. Esperemos que coa chegada destas pezas o equipo amose a cara definitiva de equipo serio que quere ascender.

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR

Máis novas branquiazuis

A rapazada de Riazor leva en volandas ao Dépor Abanca ata o liderato

 

ÚLTIMAS

Parque Ciudad “Monte Martelo”, un parque que cambia unha cidade

Hai proxectos que cambian a fisionomía dun barrio. E tamén hainos que cambian a...

Atopan con vida ao home de 81 anos desparecido dunha residencia de Cambre

A Garda Civil atopou na mañán deste luns a un ancián desaparecido de forma voluntaria...

Crúa derrota do CRAT na final da Liga Iberdrola de Rugby

Disputaba o CRAT toda unha final estatal. O equipo de rugby femininio da cidade...

Sabías que Pablo Picasso se estreou como retratista na Coruña?

Pablo Ruiz Picasso era un neno de 9 anos cando chegou á Coruña, aló...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here