InicioMOV. SOCIAISCambiando os patios escolares para que non reproduzan desigualdades

Cambiando os patios escolares para que non reproduzan desigualdades

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Falamos moito de patios estes días. E facémolo porque moitas veces os patios reflexan as desigualdades que se viven na vida real. A falacia de permitir o “xogo libre” perde sentido cando no patio do cole só hai dúas porterías. Iso non é dirixir o xogo? Non é unha reprodución da sociedade machista na que vivimos?

Co interese de ir mudando estas realidade e ir facendo as escolas espazos máis igualitarios, traballa o Globo, unha ferramenta da ONG Solidariedade Internacional para a promoción da cidadanía global a través de experiencias de transformación social centrándose no sistema educativo, pero tamén na entidades sociais, e outros colectivos.

A través desta iniciativa, a rapazada de distintos concellos galegos e entidades sociais desenvolven experiencias de transformación social abordando as violencias machistas para promover a igualdade e concienciar á súa contorna.

Como a protagonizada pola ANPA FARO do CEIP Víctor López Seoane (coa que falamos a semana pasada) levou a cabo cambios no patio da escola, sendo conscientes da importancia deste espazo: é onde se producen as primeiras
relacións sociais con iguais, fóra do ámbito familiar. Os espazos foron foron deseñados de novo e mellorados, estendendo o seu uso a outros xogos máis alá dos de pelota.

Accións contra a violencia machista

Alumnado do CPR Nebrija Torre de Hércules
Alumnado do CPR Nebrija Torre de Hércules

Interesante tamén a acción do grupo de alumnas do CPR Nebrija Torre de Hércules, que desenvolveu ao longo do 2023 unha experiencia de transformación social arredor das violencias sexuais e o ocio nocturno, facendo incidencia política sobre esta problemática.

Novas relacionadas

Proxecto Polaroid: A arte de vivir ao instante

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

ÚLTIMAS

O xornalismo galego defende á comunicadora coruñesa Lucía Dávila fronte ao acoso en redes sociais

Profesionais da información xeralista e deportiva pechan filas coa xornalista coruñesa tras facer...

Inés Rey comeza a negociar os orzamentos do 2027 co BNG, que denuncia “incumprimento” nos deste ano

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, emprazou a negociar o orzamento de...

As familias das Escolas Infantís saen á rúa: “Non é unha simple licitación: estamos a falar de educación”

As familias das Escolas Infantís Municipais da Coruña concentraranse este sábado 26 de setembro...

“Por todas as Maricarmen” e “Fondos voitre fóra de aquí”

Centos de persoas acodían esta pasada tarde de xoves á subdelegación do goberno para...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here