InicioBARRIOSLuís Bolón explica a gaita e a zanfona á veciñanza da Agra

Luís Bolón explica a gaita e a zanfona á veciñanza da Agra

Publicada o

Por editor

Este venres, 1 de decembro ás 20:15 h. terá lugar no local da Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “AGRA” (rúa Entrepenas 38) a charla musical “A gaita e a zanfona como acompañamento ó canto” de Luís Bolón, que fará un percorrido por diferentes casos na tradición galega onde instrumentos de vento e corda acompañan á voz. Como exemplo, acompañando á interpretración ao vivo, poderanse escoitar rexistros sonoros de recollidas, que serán comentadas e analizadas.

Luís Bolón naceu na Coruña en 1995. Aos oito anos comeza os estudos regrados de Gaita Galega que complementa con formación en frautas traveseiras, percusión, gaita e zanfona cos músicos Xosé Lois Romero e Suso Vaamonde. Tamén asistiu a cursos con Carlos Núñez, Dani Bellón, Cristian Silva, Luís Prego, Aleix Tobias, Xisco Feijoo, Carmen Rey, Efrén López. Posteriormente estuda no Conservatorio Superior de Vigo con Lorena Freijeiro, Iván Abal e Carlos Castro, onde acada o título superior en interpretación dos Instrumentos da Música Tradicional e Popular.

Levou a cabo diferentes concertos e recitais por todo o país e participou como músico solista coas Bandas de Música de Sada e Sementeira de Cambre. Realizou a composición e interpretación musical da banda sonora da obra teatral Bath time. Como docente impartiu aulas na A.C. Arume de Caión, Universidade de Vigo, EMM Abegondo. Actualmente é director artístico de Cántigas da Terra e mestre de instrumentos populares na Escola de Música Sementeira de Cambre, ademais forma parte do grupo Os Melidaos e do colectivo Cantometrics.

ÚLTIMAS

A UDC apraza solicitar o grao de Medicina para acordar unha descentralización sanitaria e académica

A Universidade da Coruña (UDC) comprometeuse a atrasar o envío da memoria dun título...

A Masa Crítica volve sacar as bicis na Coruña 20 anos despois da súa creación

Aló polos comezos de século, houbo un grupo de ciclousuarios na Coruña que soñaban...

CoruñArt convirte ese sábado o Mercado de San Agustín nun foro de debate sobre a saúde cultural da cidade

Xa non queda nada para este sábado 8 de novembro, cando o Mercado de...

Redada nun local de Matogrande con 21 actas por drogas, pero sen detidos: “Non venden, só consomen”

Unha redada realizada nun local de lecer nocturno situado no barrio coruñés de Matogrande...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here