InicioA CORUÑA20 anos de abandono dos baixos o Millenium

20 anos de abandono dos baixos o Millenium

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A recuperación da iluminación nocturna hai xusto un ano do Obelisco Milenium ten a súa cara oposta xusto debaixo. Os baixos do Obelisco son unha auténtica cloaca. Destrozados os ferros que mantiñan pechado, o baixo está absolutamente abandonado, cheo de cascallos, de cheo a orina, de botellas, de colchóns… sendo un verdadeiro perigo para a veciñanza.

Non hai plan para este singular espazo que ía convertirse nun referente da hostalería coruñesa, pero que leva 21 anos abandonado. O ano pasado aínda o concello selaba as partes traseiras do baixo semicircular para evitar ocupacións, pero as barreiras de ferro da parte exterior foron pronto derribadas. Tense atopado ata un cadáver en 2017 neste lugar que as rumoroloxía local considera que sempre foi proxectado para converterse no mausoleo de Paco Vázquez.

Preguntado o Concello da Coruña por XdC xa o mes pasado se hai algún plan de rehabilitación, este diario non ten recibido resposta.

Lamentable estado de abandono dos baixos o Millenium

ÚLTIMAS

En marcha a edición máis social e reivindicativa da historia do Viñetas do Atlántico

Xa está en marcha a 29ª edición do festival Viñetas desde o Atlántico, a...

A Coruña pedalea con Orgullo

Este sábado 27 de xuño, a partir das 11:00h partirá da Coiraza do Orzán,...

O Pasatempo vibra co Fumega Fest

O festival Fumega Fest ten todo a punto para dar comezo á súa segunda...

O Beatout Week encherá de rimas o Parque de Santa Margarida

Xa están á venda as entradas para o Beatout Week 2026, a través de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here