InicioCULTURAEstes foron os Premios Picadillo

Estes foron os Premios Picadillo

Publicada o

Por editor

Despois de dúas semanas de tapas, esta mañá tivo lugar a entrega de premios da XIX edición do concurso de tapas Picadillo. Foron 49 os establecimentos que participaron neste senlleiro certame, dos que 10 levan premio.

Os dous principais gañadores foron Ajetreo Taberna (nas categorías Receitario Picadillo e Cidade da Coruña) e Taberna Triay (na categoría Tapa Creativa).

A “Pataca da horta” de Ajetreo, na rúa Galera, recibiu o premio Receitario por empregar as receitas salgadas recollidas na obra ‘La cocina práctica’, de Manuel María Puga y Parga, ‘Picadillo’. A sesión serviu para lembrar que o ano que vén na XX edición do concurso, conmemorarase o 150 aniversario do nacemento de Picadillo con diferentes sorpresas.

Diplomas por categorías

Categoría Receitario Picadillo
● AJETREO TABERNA, coa súa tapa: Pataca da horta.
● BAR QUINTELA, coa súa tapa: Ramen galego.
● YEMA, coa súa tapa: Albóndega de cordeiro e sepia .
● TABERNA TRIAY, coa súa tapa: Roupa vella.
● LA ESQUINA DE VALENTINA, coa súa tapa: Brioche de atún en pepitoria.

Categoría Tapa Creativa
● AMA, coa súa tapa: Polbo en tempura con salsa tonnata.
● COSECHA 81, coa súa tapa: Tataki de Aki.
● CHIFÁN COCINA, coa súa tapa: Wantan acevichado.
● INTENSO CORUÑA, coa súa tapa: Eclair de touciño entrefebrado confeitado á carbonara galega.
● TABERNA TRIAY, coa súa tapa: Donete recheo de cocido, glaseado de queixo do Cebreiro, caramelo de pemento e o seu caldo afumado.

Xurado

● Claudia Queiruga (La Gula Gourmet)
● Cristina Alonso (Chegar e encher)
● Raquel Rosende (Castigada con salir)
● Simón Calviño e Vivi (Coruña a Bocados)
● Carlota Fariña (Carlota Fariña)
● María José Basanta (Laurel y Canela)
● Sofía Sanesteban e Hugo La Gastrocrítica)
● Clara Cea e Mauro Mosquera (Boavista Colective)
● Azucena García e Sheila Antelo (Guía Michelines)

 

 

ÚLTIMAS

A Coruña abre o prazo para repartir 80 composteiros domésticos de balde

O Concello da Coruña abriu unha nova convocatoria para a entrega de 80 composteiros...

A música urbana galega abre o Beat Out

O Parque de Santa Margarida vibra esta fin de semana co Beat Out. O...

O Flores Rock celebra 10 anos con 3 días de concertos

O Barrio das Flores volverá converterse a comezos de setembro nun dos grandes puntos...

A Coruña inicia a humanización da rúa Páramo cun investimento de case 340.000 euros

O Concello da Coruña iniciou esta semana as obras de humanización da rúa Páramo,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here