InicioBARRIOSAs 10 razóns polas que o BNG votou en contra da "pelotada...

As 10 razóns polas que o BNG votou en contra da “pelotada inmobiliaria” da Maestranza

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Aprobouse no pleno de onte, cos votos do PSOE e PP, o estudo de detalle correspondente á parcela 2 do Plan Especial de Reforma Interior (PERI) da Maestranza, na contorna da avenida de Metrosidero. Un acordo plenario que permite que se vaia construír unha urbanización de 5 alturas en plena Cidade Vella.

Xa limos as críticas do colectivo Defensa do Común, que recolle o BNG nun crú comunicado despois de votar en contra a esta aprobación. O grupo nacionalista considera a operación unha “pelotada inmobiliaria de Defensa S.A” e asegura estar “en contra radicalmente da política de Estado de vender a cidade por anacos. Da política de Defensa S.A. de facer caixa con cada un dos anacos de solo que ten na cidade de Coruña”

A concelleira nacionalista Avia Veira, que interveu no Pleno para fixar a posición do BNG, explicitou ata 10 razóns polas que o BNG se opón a esta actuación urbanística.

Son estas:
1.-Porque este Estudo de Detalle determina que unha empresa privada poida construír nuns terreos adquiridos ao Ministerio de Defensa nunha poxa que nunca tivo que terse producido: ese soar do que hoxe falamos tiña que ter sido devolto gratuitamente a esta cidade.
2.-Porque os terreos historicamente lle pertencen á cidade da Coruña. Foron ocupados polo Ministerio da Guerra en épocas de monarquías absolutistas pero en 1840 o Goberno Municipal da Coruña solicitaba a devolución dos terreos do Campos da Estrada porque “el terreno de que se trata no puede pertencer a la nación, pues es de este pueblo”. E na sesión plenaria de 12 de marzo de 1855 acordaba “Elevar S.M. una reverente pero enérgica exposición demostrando que el terreno de que se trata no puede pertenecer a la nación pues es de dominio de este pueblo según sus títulos que posee y las reales concesiones que a su favor se han hecho suplicando por consiguiente se digne declarando propiedad de esta municipalidad”.
3.-Porque votar a favor disto non sería coherente coa postura política do Bloque Nacionalista Galego de reclamar constantemente a devolución gratuíta destes terreos: porque presentamos unha chea de iniciativas aquí e no Congreso dos Deputados e das Deputadas reclamando que os terreos que eran da cidade volvesen selo.
4.-Porque o PSOE ten no seu haber unha postura realmente confusa con este tema, absténdose en cada unha das iniciativas que en mandatos anteriores se trouxeron a pleno e que SAÍRON APROBADAS e polo tanto son declaracións da vontade do Pleno que eticamente os Gobernos deberan defender pero logo é que o PSOE votou a favor no Congreso dos Deputados a través do seu deputado Ricardo García Mira dunha iniciativa de En Marea que resultou aprobada e que dicía: “El Congreso de los Diputados insta al Gobierno a establecer una mesa de negociación entre el Ministerio de Defensa y el Ayuntamiento de A Coruña para estudiar el traspaso al Ayuntamiento de A Coruña de las parcelas referidas facilitando así desde el Ministerio de Defensa la devolución gratuíta al Ayuntamiento de A Coruña de los terrenos y parcelas referidas -sitas en el Campo de Estrada- para su uso político, ya que son espacios comunales bienes propios pertenecientes a la ciudad desde su fundación”.
5.-Porque este Estudo de Detalle culmina un proceso absolutamente inxusto coa nosa cidade fronte a outras moitas cidades do Estado nas que se teñen cedido gratuitamente terreos do Ministerio de Defensa como Barcelona ou Alcalá de Henares.
6.-Porque estamos en contra radicalmente da política do Estado de vender a cidade da Coruña por anacos. Da política de Defensa S.A. de facer caixa con cada un dos anacos de solo que ten na cidade de Coruña e que parecen compartir tanto PP como PSOE porque nada se notou neste sentido o cambio de Goberno do Estado en 2018.
7.-Porque esta política extractiva de solo público, normalmente pertencente á cidade, para construír e construír vivenda, pero para quen? A que prezos?
8.-Porque a veciñanza da Cidade Vella se pronunciou en maio de 2018 radicalmente en contra de que se construíse nesas parcelas e demandou claramente que se destinasen a zona verde e equipamentos públicos: nunha consulta pública simbólica pero relevante pola participación e os resultados: votaron 449 persoas con DNI e residentes na Cidade Vella pronunciándose 436 persoas, case un 93 por cento, polo destino das parcelas a equipamentos e zonas verdes; 12 votos a favor da poxa; e 1 voto nulo.
9.-Porque estamos no século XXI e cremos que o que hoxe se aproba aquí é contrario aos principios dun desenvolvemento urbano sustentábel pola súa proximidade ao mar, o feito de que haxa edificacións máis próximas ao mar non significa para nada que iso sexa correcto ou esteamos de acordo.
10.-Porque cremos que este desenvolvemento que recolle o Estudo de Detalle non protexe en absoluto nin o BIC do conxunto histórico da Cidade Vella nin o BIC do sistema defensivo da Cidade Vella por moito que obriguen a que as partidas de remoción de terras se realicen con control arquelóxico. É absolutamente incomprensíbel como a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza ten freado obras por mudanzas de fiestras ou multado a locais de hostalaría polos toldos pero informa favorabelmente isto.

 

Máis información

O pleno da Coruña permite construír, cos votos de PP e PSOE, unha urbanización de 5 alturas na Maestranza

Piden á corporación que execute os acordos plenarios e non aprobe a construción de 56 vivendas na Maestranza-Campo da Estrada

 

ÚLTIMAS

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

Denunciado o condutor dun camión tras quedar atrancado no túnel de Juana de Vega

O condutor dun trailer foi denunciado tras quedar atrancado co vehículo no túnel de...

O Morriña Fest 2025 celebrarase os días 25 e 26 de xullo

O Morriña Fest celebrará a súa quinta edición na Coruña os días 25 e 26 de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here