InicioBARRIOS"A Coruña foi unha cidade moi importante para o movemento creativo en...

“A Coruña foi unha cidade moi importante para o movemento creativo en fanzines”

Publicada o

Por editor

A Libraría Suevia da Coruña acolleu este pasado xoves 29 de febreiro a presentación do libro “Fanzines en Galiza” do noso compañeiro Ramón Mariño Fernández, quen estivo acompañado de Manuel Miragaia e de Ermitas Valencia na presentación.

“A Coruña foi unha cidade moi importante para o movemento creativo en fanzines como ‘La Galga’ dos anos 80”, describiu Moncho, que resaltou que “aínda ten moitos nomes e cabeceiras por coñecer e sacar á luz logo de moito tempo”.

De feito, durante o acto tanto os condutores da presentación como o mesmo público aportaron numerosas referencias que foron rememorando publicacións autoeditadas e feitas por autores e autoras amadoras.

A presentación permitiu establecer un diálogo entre o autor eas persoas asistentes estableceron e mesmo se realizou un fanzine por parte de asistentes ao acto.

Debateuse así sobre a presenza da muller dentro da creación de fanzines. Dita presenza era minoritaria nos 90, mais había presenza de mulleres tanto na creación como distribución de fanzines sobre todo para facer referencia ao movemento feminista máis vinculado a posturas como as Riot Grrrl americanas.

Estes exemplos deron paso á creación en exclusiva por mulleres dos seus fanzines abordando a cuestión de xénero e a presenza da muller nos diferentes ámbitos da cultura alternativa en Galicia.

Por outra parte, tamén se recordou a presenza do colectivo LGBT xa nos 80 e nos 90 creando as súas publicacións autoeditadas que lles deron voz durante unha época teóricamente máis democrática aínda que os e as mantiña sen visibilizar.

Máis información

Moncho Mariño rescata, na Livraría Suevia, a historia dos fanzines en Galicia

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here