InicioBARRIOSAbre o prazo para inscribirse no circuíto de carreiras populares Coruña Corre

Abre o prazo para inscribirse no circuíto de carreiras populares Coruña Corre

Publicada o

Por editor

Abría onte o prazo de inscrición para o XI circuíto de carreiras populares Coruña Corre. e se circuito que pon en valor o poder dos nosos Barrios a través do deporte.

As persoas interesadas poden apuntarse ao conxunto das sete probas ou de maneira individual.
As inscricións e toda a información sobre o circuíto e os seus servizos pode consultarse nas páxinas www.coruna.gal/carreiraspopulares e www.corunacorre.com.

Despois da primeira toma de contacto coa C5 que se celebrou o pasado mes no marco da media maratón, a primeira cita será o vindeiro sábado 23 de marzo coa XII Carreira Popular da Torre – Trofeo J. A. Varela Calviño. Será a única proba nocturna do circuíto (comzarán os peques ás 17:00h e a proba raíña sairá ás 20:00h), e servirá tamén para conmemorar o 15 aniversario do faro como Patrimonio da Humanidade da UNESCO. A proba partirá do paseo dos Menhires e transcorrerá polo paseo Marítimo, no tramo recentemente humanizado polo Concello, ata as instalacións do Oceanográfico, onde as persoas participantes darán volta para chegar ata os pés da Torre de Hércules. A distancia total da proba será de 6.350 metros.

Unha das principais novidades deste ano é a inclusión de Xuxán dentro da carreira de Matogrande, que terá lugar o 15 de setembro.

A inscripción ao circuíto terá un coste total de 24 euros (12 euros de cota e 12 euros o chip) ou 19 euros (7 euros a cota e 12 de chip) para persoas desempregadas, de máis de 65 anos e con Carné Xove. A inscrición de menores é gratuíta. Por outra banda, as persoas que participen só nesta primeira proba terán que aboar unha cota de 3 euros e 2 euros polo chip refugable, ou un total de 3 euros para persoas desempregadas, maiores de 65 anos e posuidores do Carné Xove.

ÚLTIMAS

O Concello sacará a concurso o contrato para o novo Plan de Equipamentos Deportivos

No marco da folga de conserxes, pero sen facer referencia algunha, o Concello da...

Ollo, cortes en Alfonso Molina na saída cara á AP-9/Palavea este martes

As obras de remodelación da avenida Alfonso Molina, na cidade da Coruña, que realiza o Ministerio...

A Policía propón sancionar a 165 afeccionados polos altercados do Dépor-Málaga

A Policía elevou a un total de 165 afeccionados as propostas de sanción polos...

Renfe prestará servizo con 500 servizos de bus para facilitar a mobilidade polas obras na estación da Coruña

Renfe modificará o servizo e habilitará un plan alternativo de transporte por estrada con...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here