InicioA CORUÑALage Tuñas descarga na empresa as posibles irregularidades na concesión da licenza...

Lage Tuñas descarga na empresa as posibles irregularidades na concesión da licenza do seu piso

Publicada o

Por editor

Esperada foi a intervención do concelleiro de Economía e Planificación Urbana, José Manuel Lage, no pleno deste xoves 11 de abril. Despois das numerosas críticas do BNG, do PP, e de Sumar, sobre posibles irregularidades na concesión dunha licenza e a realización de obras sen a mesma nun inmoble da súa propiedade na Avda. do Exército, denunciando ademais a falta de transparencia do goberno socialista, o tamén portavoz do goberno local coruñés pediu por vontade propia intervir no pleno.

Lage Tuñas argumentou que cumpriu ” escrupulosamente coa lei” e desprazou á empresa construtora a responsabilidade da tramitación dos distintos actos administrativos relativos ás obras realizadas no inmoble. Asegurou que se abstivo no proceso de tramitación dos expedientes e que a licenza contaba con todos os informes técnicos e xurídicos.

“Non participei de ningún modo e maneira na tramitación de licenza de obras e a miña abstención prodúcese cando debe producirse”, aseverou despois de que o portavoz do grupo municipal do PP, Miguel Lorenzo, asegurase que o fixo “ao final do procedemento”.

“Non hai ningunha obra feita”, asegurou tamén o edil, malia que Lorenzo lle sacou un informe asinado por un funcionario 2 días da antes da concesión da licenza (aprobada o 6 de marzo) que confirmaba que xa se estaban ralizando obras no inmble.

Non faltaron as acusacións á oposición “linchamento” e “cazaría organizada” contra a súa persoa, así como a invitación a “ir ao xulgado” que propuxo a rexedora, de novo defensora do seu edil.

Obras e licenzas

Queda pois sen determinar a veracidade das explicacións ou das denuncias doutros sobre a realización ou non das obras sen ter recibido a licenza, pero o certo é que a concesión da licenza se realizou nuns prazos moito máis rápidos dos habituais, ata o punto de que “se obtiveron todos os informes necesarios para a concesión no mesmo día”, sinalou o BNG.

O propio Jorquera lembrou que existen “indicios racionais que levan o BNG a afirmar que se produciron anomalías graves apuntan desde a denuncias veciñais -con data 16 de xaneiro, un veciño dá conta dun furado na fachada do edificio sen dispor do permiso da comunidade, cando a licenza da obra se concede o 6 de marzo- até un informe policial de 27 de xaneiro de 2024 onde se di: “Os policías desprázanse ao lugar indicado onde unha vez que acceden ao inmóbel observan como se están a executar obras de reforma nas vivendas existentes no primeiro andar””.

A OPOSICIÓN PIDE ASUMIR “RESPONSABILIDADES”

Pola súa banda, o portavoz do grupo municipal do BNG, Francico Jorquera, instou á alcaldesa, Inés Rey, a “depurar responsabilidades” ao entender que se actuou “mal”. “Non chega con que diga que a tramitación foi a cargo da empresa e que se abstivo ao final do proceso”, dixo, ademais de sinalar que o procedemento xudicial non exime das responsabilidades políticas.

“A licenza concedéronlla o 6 de marzo e o 4 de marzo un funcionario desprazouse ao inmoble e di que nese piso realizáronse obras de segregración e que a distribución estaba terminada”, espetoulle Lorenzo. “Se tivese algo de honorabilidade política, levantábase e íase”, indicou ao afirmar que Lage fixo un cambio de uso “pola porta de atrás”. “Lage Tuñas debe dimitir”, reafirmouse Lorenzo, por “mentido no pleno ao negar ter feito obras sen licenza”. O PP traslada á rexedora a responsabilidade de “cesalo en todas as súas competencias se non dimite”.

Nesa mesma liña, Jorquera apuntou que que “o substancial é se houbo trato de favor se o sucedido é coherente co deber de exemplariedade que se lle debe esixir a un responsábel político”. “E non é exemplarizante, precisamente, que o titular  da área de Planificación Urbana faga as obras sen licenza e desoia as ordes de paralización das obras”.

ESIXEN TRANSPARENCIA

Antes, no debate das mocións, o PP presentou unha — que saíu adiante cos votos dos populares e os nacionalistas — requirindo que se respondan motivadamente as solicitudes de información por parte dos membros da corporación e que se promova a creación dunha comisión de seguimento da xestión da alcaldesa e o seu equipo de goberno.

O portavoz municipal nacionalista, Francisco Jorquera, pediu, no entanto, aos populares que practiquen “a mesma transparencia” en municipios e no Parlamento galego. Á súa vez, Lage acusou ao PP de tentar “obstruir” o funcionamento municipal coa presentación dun máis dun centenar de solicitudes de expedientes, mentres que situou en 26 as expostas polo BNG, dos que cuestionou, á súa vez, a súa “transparencia” coa oposición onde goberna.

 

 

Máis novas

O BNG denuncia trato de favor na tramitación da licenza dun piso de Lage Tuñas

 

As supostas irregularidades de Lage Tuñas para converter un local de negocio nun piso acenden as alarmas no PP e en Sumar.

Lage Tuñas é o concelleiro da Coruña con máis propiedades ao seu nome e cartos no banco, sabes cantos ten Inés Rey?

ÚLTIMAS

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

Dous feridos en Abegondo tras unha colisión entre un turismo e un vehículo de mercadorías

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión entre un vehículo de mercadorías e un turismo...

Dispositivo especial de seguridade este sábaod para o encontro Deportivo-Sporting de Xixón

A Policía establecerá un dispositivo especial desde o sábado polo partido que enfrontará o...