InicioBARRIOSReivindican cunha intervención artística a permanencia dos frescos de Lugrís no lugar...

Reivindican cunha intervención artística a permanencia dos frescos de Lugrís no lugar onde foron pintados

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A adquisición por parte da Xunta de Galicia dos murais que Urbano Lugrís deseñou no portal da Rúa Olmos non acaba coa polémica. Porque a intención da Xunta, e do Concello, é trasladalos ao Museo de Belas Artes da cidade herculina.

Unha decisión que non gusta nada ao tecido cultural coruñés, nomeadamente ao colectivo lugrisán In Nave Civitas e a asociación O Mural. Ambas, veñen de protagonizar unha intervención artística para demandar que os murais queden no sitio para o que foron concebidos.

Así, ao longo da tarde de onte instalaron un andamio diante do restaurante Fornos de fitas e teas azuis para recrear o mar de Galicia, “o mar de Lugrís e reclamar que a Xunta non extraiga os frescos da parede na que foron pintados”.

“Arrancar as pinturas suporá mutilar “a casa da felicidade” que Urbano Lugrís fundou en 1951 baixo o lema “Hic habitar felicitas” non hai razóns patrimoniais, orzamentarias nin económicas que impidan as administracións crear o “Espazo Urbano Lugrís” que a alcaldesa da Coruña levaba no seu programa electoral”, denuncian dende.

Intervencion artistica O Mural In Nave Civitas Murais Lugris

Novas relacionadas

Os murais de Lugrís serán públicos tras ser mercados pola Xunta por 36.000 euros

Tarde, pero Xunta e Concello impulsan a declaración BIC dos murais de Lugrís

 

“O desleixo das administracións para protexer os frescos de Lugrís non fai máis que medrar”

S.O.S. Lugrís

ÚLTIMAS

Continúan ingresados no CHUAC con prognóstico grave o tres brigadistas e o bombeiro feridos este luns

O tres brigadistas e o bombeiro feridos este luns durante os operativos de extinción...

Eirís, Sagrada Familia e O Castrillón toman o relevo festeiro dos barrios

Mentres seguen vivas as Festas de María Pita, esta semana toman o relevo das...

O Lembranza Rock dá unha lección de compromiso

Fermosa, emotiva e comprometida noite de sábado a vivida no Parque Europa. A Asociación...

O Monte Costa, en Culleredo, sofre un incendio forestal

Non libra a comarca da vaga de lumes que sofre Galicia. Un incendio forestal...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here