InicioECONOMÍAA planta de hidróxeno verde promovida por Acciona en Arteixo, declarado proxecto...

A planta de hidróxeno verde promovida por Acciona en Arteixo, declarado proxecto estratéxico

Publicada o

Por europapress

A planta de produción de hidróxeno verde promovida por Acciona e Plugpower no concello coruñés de Arteixo foi declarada como proxecto estratéxico autonómico, unha figura que busca a axilización da tramitación e desenvolvemento de iniciativas empresariais consideradas de especial relevancia polo Goberno galego. A medida foi autorizada este luns no Consello da Xunta, que xa declarou en decembro este proxecto como inciaitiva empresarial prioritaria.

En concreto, a planta ‘Arteixo H2V’, impulsada por Accionplub SL (alianza entre Acciona e Plugpower) contempla un investimento de 49,3 millóns no polígono de Morás para a posta en marcha de seis parcelas nas que se instalarán catro módulos electrolizadores de 5MW cada un. As cifras achegadas polos promotores da iniciativa cifran a capacidade produtiva media da planta en 2.990 toneladas de hidróxeno verde ao ano e prometen a creación de 25 empregos directos na fase de operación.

A Arteixo súmase na lista de proxectos estratéxicos da Xunta á planta de hidróxeno verde de Reganosa e EDP Renovables, a fábrica de pneumáticos de Sentury e a de fibras recicladas de Ence (todas nas Pontes), a planta de metanol verde de Forestal do Atlántico en Mugardos, a factoría de Altri en Palas de Rei, a de hidróxeno renovable promovida por Naturgy, Repsol e Reganosa en Cerceda, a de peixe de Stolt Sexa Farm en Rianxo e a mina de Touro-O Pino de Cobre San Rafael nos citados municipios coruñeses.

ÚLTIMAS

A praza de Tabacos acolle o groso da Semana Europea da Mobilidade

Xa botamos un ollo ás interesantes charlas que Mobi-Liza organiza mo MUNCYT sobre outras...

O EcoRallye, a exame

Xa está en marcha a 10ª edición do Repsol EcoRallye A Coruña, que se...

Meses sen soldo, sen traballo e sen paro: a situación límite de seis traballadoras da escola infantil O Berce en Arteixo

As traballadoras da escola infantil O Berce, no concello coruñés de Arteixo, concentráronse este...

Comezan as obras do novo gran parque infantil da Praza de Portugal

Vai ser unha das zonas infantís máis importantes da cidade, na que o Concello...