InicioA CORUÑAO Concello da Coruña pide a intervención da Fiscalía sobre o incendio...

O Concello da Coruña pide a intervención da Fiscalía sobre o incendio de camións na empresa Prezero

Publicada o

Por europapress

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, demandou a Fiscalía que investigue o incendio de camións rexistrado o luns na nave de Prezero, a empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo.

En declaracións remitidas a medios de comunicación, mostrou o seu rexeitamento ante o que cualificou como “actos vandálicos” despois dun incendio na tarde de onte que afectou a seis camións.

Tras o sucedido, coa intervención dos bombeiros durante varias horas e a apertura dunha investigación por parte da Policía Nacional, a rexedora considerou que se trata dun acto “intencionado”.

“Dos mesmos que queimaban colectores”, apuntou sobre o sucedido durante a folga na empresa do servizo de recollida de lixo convocado polo persoal e o comité, con maioría do Sindicato de Traballadores de Limpeza (STL).

“É unha resposta á firmeza do concello e a emprea fronte á chantaxe á que foi sometida á cidade”, engadiu nas súas declaracións. Por iso, dixo que solicitaron á Fiscalía que o investigue e actúe no marco da denuncia que formularon.

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...