InicioCULTURAA Escola Oficial de Idiomas comeza o curso pero mantén aberta a...

A Escola Oficial de Idiomas comeza o curso pero mantén aberta a matrícula

Publicada o

Por editor

Un dos tesouros formativos da cidade é a Escola Oficial de Idiomas. A EOI comeza este mércores ás 18:00h o curso 2024/25, no que supón o seu 51º ano en funcionamento.

O curso comezará cunha presentación para o alumnado de novo ingreso na súa biblioteca. Tras a presentación, os cursos oficiais de nivel A1, A2 e B1 comezan as aulas a partir do día 12, e os cursos superiores farano a partir do día 13. Pola súa banda, a quenda dos cursos monográficos e CELGA será a partir do día 16.

12 linguas 

Aínda quedan prazas vacantes das once linguas que oferta a EOI (alemán, árabe, chinés, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés). Ofértanse tanto cursos oficiais como cursos monográficos sen exame, nun amplo abano de horarios de mañá e tarde, e nas modalidades presencial e semipresencial.

Matrícula aberta

A matrícula, cen todo caso, está aberta ata o día 20 de setembro, e podedes acceder dende https://www.edu.xunta.gal/centros/eoicoruna/.

O único requisito para matricularse nestas ensinanzas é ser maior de 14 anos, agás no caso de inglés, xa que, se se cursou esta lingua na ESO, hai que ser maior de 16 para poder matricularse.

Ademais da sede central na Coruña, situada na Cidade Escolar, a escola ten seccións delegadas en Arteixo, Carballo, Cee e Culleredo, centros que contan cunha oferta ampla de cursos e niveis en inglés, francés, alemán e español.

EOI COruna

 

ÚLTIMAS

Xa temos o cartel máis galego do Festival Noroeste

Con 4 semanas de antelación, e non con unha como as pasadas edicións, o...

As Peñas do Dépor convocan unha concentración este xoves na Praza de Pontevedra

Moven ficha as Peñas do deportivismo trala guerra aberta formulada pola directiva do club...

As flores de Ángeles contra o “abandono municipal” na Pescaría

Ángeles ten 95 anos e vive na rúa Orzán, ao carón da Praza do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here