InicioA CORUÑAO pleno de outubro reflexiona sobre o novo modificativo de crédito, a...

O pleno de outubro reflexiona sobre o novo modificativo de crédito, a execución orzamentaria e os traballadores municipais

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Celebrouse esta mañá de xoves 3 de outubro no Pazo de María Pita un pleno, algo menos denso que os últimos. Un pleno que, como saben, se emite por streaming polo Youtube do Concello.

Un pleno no que se aprobou inicialmente, e por unanimidade, a Ordenanza Fiscal Reguladora das Contribucións Especiais para ampliar o servizo de extinción de incendios, que neste exercicio anual inclúe unha partida de 1.274.532 euros, con vistas a mellorar os equipamentos do equipo de profesionais do parque municipal de Bombeiros, a través da adquisición dunha parcela llindeiro ao parque de Agrela, cun orzamento 431.000€.
A Ordenanza permitirá tamén adquitir unha moto acuática (que se unirá á embarcación e dúas motos de auga existentes no parque), e unha autoescada e un vehículo lixeiro para o transporte de persoal, por un total de 624.000€. Os outros 360.591 euros da partida servirán para a compra dun vehículo de descontaminación con equipamento.

A sesión tamén aprobou inicialmente a nova Ordenanza Xeral de Xestión, Recadación e Inspección dos tributos e outros ingresos de dereito público, destinada a axilizar os prazos burocráticos.

M5: Novo Modificativo de Crédito e execución

Pero o punto central do pleno foi a aprobación dun novo Modificativo de Crédito, un novo cambio no orzamento de 2024, e que segundo Jose Manuel Lage Tuñas servirá para variar os investimentos o plan de Sustentabilidade Turístico; para ampliar o Convenio Intramuros coa Univeridade, e para investir 400.000 euro na Cidade das TIC.

Pero o voceiro do goberno aproveitou a intervención (levou unha reprimenda do voceiro do BNG, e mesmo da alcaldesa por non ceñirse aos puntos da orde do día), para intentar desarmar as acusacións do PP sobre a falta de execución orzamentaria. Lage acusou de falta de “rigor” ao PP, e asegurou que “Consello de Contas di que a Coruña é a cidade galega con maior execución orzamentaria”. Sinalou que o Concello “ten obrigas activas por 59 millóns de euros”, e ademais de botar as culpas á Xunta quixo argumentar que “os proxectos necesitan unha maduración”.

Respondeu o voceiro popular Miguel Lorenzo, que incidiu nos 235 millóns sen executar, e bromeando sobre os retrasos aos que a aludía o propio Lage Tuñas. “De retrasos sabe ben vostede… levamos 9 anos esperando polo Mercado de Santa Lucía…”

Miguel Lorenzo no pleno de Coruna
Miguel Lorenzo

Mobilidade e Accesibillidade

Presentaba unha moción o BNG denunciando unha moción relativa á mobilidade, lamentando o obsoleto programa da Semana Europea da Mobilidade, e preguntando por accións concretas como o aprobado carril bici de Juan Florez, que xa conta con financiamento europeo. E trouxo propostas Avia Veira, como a posta en marcha da ordenanza de terrazas, a realización dun proceso participativo para crear o novo modelo de transporte público, a recuperación carril bus, a ampliación das estacións de carrís bici ou a anlálise de puntos negros dos carrís bicis contando coas asociacións da cidade.

Avia Veira
Avia Veira

Dende o PP lembraron que a cidade mantén os “mesmos problemas de sempre”, recordando que nada se fixo do acordo de 2023 entre PSOE e BNG, como a revisión mapa de liñas, a ampliación horarios, ordenacion terrazas… O PP apoiou a proposta do BNG, que á súa vez aceptou as enmendas do grupo popular.
Os populares quixeron lembrar a problemática da veciñanza dos Mallos que seguen esperando pola reapertura do garaxe que sufriu o incendio do pasado mes de decembro.

A concelleira de Mobilidade deixou claro porque o goberno votou a favor desta moción: porque “estamos traballando nas mesmas medidas”, e destacou as novidades como as 30 estación de Bicicoruña que se instalarán 2025, ou o aumento do tempo de duración dos verdes nos semáforos.

O PP presentou unha moción sobre accesibilidade, denunciando a falta de concreción das axudas á instalación de ascensores. O BNG pediu que se reforce o persoal para axilizar a Oficina de rehabilitación, e o Concelleiro de Urbanismo asegurou que non está habendo tal problema coas axudas, e mentres o PP asegura que 2 de cada 3 euros predeterminados para isto nos últimos dos anos non se acaban de investir, Francisco Dinis aseguraba que a porcentaxe de execucion do programa de subvencións está 84% en 2024, habendo 670 vivendas beneficiadas e 77 persoas con mobilidade reducida.

As Xubias

Non faltou o asunto das Xubias na orde do día. O BNG presentou unha moción para que se coide o esquecido núcleo despois de reunirse coa veciñanza. O PP rescatou a vertente especulativo, e a concelleira Noemí Díaz criticou que era PP o que queria facer unha pasarela ata Santa Cristina, asolagando o barrio.

Tamén volveu o asunto ao pleno nas preguntas finais do BNG, preguntándolle ao PSOE se sabe que está en minoría, e lamentando de terse que enteirar pola prensa de asuntos tan importantes como o convenio con Ginko; ou o nomeamento de Isabel Pardo de Vera como directora do Plan da Fachada Marítima, ou o plan municipal cara o Mundial 2030.

O PP tamén preguntou que medidas vai tomar o goberno para cumprir o acordo plenario do pasado setembro e que rexeitou o convenio con Ginko. Lage Tuñas volveu falar dos “bulos” que asegura existen arredor do proxecto e volveu acusar á oposición de “enfangar”. Si asegurou que a modificacion puntual do Plan Xeral que rebaixa a edificabilidade na zona afectada de 633 a 241 vivendas, e que está paralizada dende 2022, que se “segue tramitando”.

Durante o pleno coñeceuse que Isabel Pardo de Vera, tralas críticas da oposición pola incompatibilidade, non asume a dirección do Plan Estratéxico da Fachada Marítima.

Traballadores e Conserxes

Trouxo o PP unha moción de apoio ás “valentes” mobilizacións dos traballadores municipais da Escola de Musica e aos traballadores de Conserxería dos espazos deportivos. Unha moción que enfrontou ao BNG e ao PSOE co grupo popular, que lle lembrou o pouco que fixo nos últimos anos, e a falta de esixencia á Consellería da Cultura do pago das súas cotas ao Consorcio da Música.
O propio BNG lembrou o estado lamentable das instalacións (aínda onte unha aula quedou anegada pola chuvia), e a falta de pago a parte do profesorado. Mercedes Queixas volveu preguntar, como no mes de maio, onde foron os 250.000€ do orzamento municipal acordados co BNG destinados á Escola de Música.

O Concelleiro Gonzalo Castro quixo deixar claro que eses cartos se destinaron a cubrir déficit provocado por un “desaxuste orzamentario” plurianual, recoñecendo que “hai que tomar decisións”.
Sobre os traballadores de Conserxería Castro asegurou que vai recibir aos conserxes en breve (a pesar de non terlle respondido aínda á petición de xuntanza) e que a intención do goberno municipal é licitar todos os procesos de conserxería canto antes.

Orzamentos

Jorquera condicionou o apoio aos orzamentos de 2025 ao cumprimento dos acordos do ano pasado. Lage Tuñas, entendo a esixencia do grupo nacionalista, quixo poñer de exemplo algunha das medidas postas en marcha como  programa de asesoramento para os arrendatarios; así outras que asegurou que van pasar pronto polo pleno como a Ordenanza de Mobilidade, a de Vivendas de Uso Turístico ou o plan Director de Instalacións Deportivas.

 

Na parte final do pleno, falouse tamén de Venezuela a raiz du rogo do PP, e de Palestina a través do BNG, puidendo destacar unha repulsiva intervención prosionista do edil popular Carlos San Claudio.

Máis novas

O PP incide na falta de execución dos investimentos do goberno socialista: “A falta de 3 meses só executou o 11%”

As diferentes opinións de PSOE e BNG sobre a primeira reunión para negociar os orzamentos de 2025

Critican o recorte e a falta de execución das axudas para a instalación de ascensores

O bronco pleno rexeita convenio co fondo de investimento para urbanizar as Xubias

ÚLTIMAS

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

Denunciado o condutor dun camión tras quedar atrancado no túnel de Juana de Vega

O condutor dun trailer foi denunciado tras quedar atrancado co vehículo no túnel de...

O Morriña Fest 2025 celebrarase os días 25 e 26 de xullo

O Morriña Fest celebrará a súa quinta edición na Coruña os días 25 e 26 de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here