InicioCULTURACatro Bibliotecas da Coruña estrean o servizo de préstamo de xogos de...

Catro Bibliotecas da Coruña estrean o servizo de préstamo de xogos de mesa

Publicada o

Por editor

Mentres esperan por ese proceso fallido de unificación nunha Rede Municipal, as Bibliotecas da cidade estrean novo servizo: o préstamos de xogos de mesa.

Hoxe comezaron a impartirse as sesións informativas nunha primeira fase en 4 centros: Ágora, Durán Loriga, Fórum Metropolitano e Os Rosais. A partir do 21 de decembro, xa se poderá acceder a un xogo en préstamo por carné. “O obxectivo é expandilo a toda a rede de bibliotecas no futuro”, aseguraron os membros do goberno.
As presentacións serán realizadas por monitores especializados de Metrópolis Cómics e estarán abertas a un máximo de 16 participantes por sesión, con inscrición previa a través da web das bibliotecas.

Cada biblioteca contará cunha colección inicial de 123 xogos de mesa, dos cales 41 estarán dispoñibles para consulta e o seu uso no local. Esta selección abrangue xogos para todos os públicos: dende xogos familiares como ‘Parchís’ e ‘Ubongo!’, infantís como ‘Times Up!’ e ‘El Frutal’, ata xogos para mocidade e persoas adultas como ‘Azul’, ‘Catan’, ‘Wingspan’ e ‘Fiesta de los Muertos’.

Municipación das Bibliotecas

Mentres, asan os anos e as traballadoras das Bibliotecas seguen esperando polo prometido proceso de municipalización. A pasada semana o asunto volveu ao pleno e dened o goberno aseguraron estar traballando no proceso de municipalización e na creación da Rede de Bibliotecas, con dous movementos necesarios: a modificación da RPT, e presentar a oferta pública e as bases específicas.

ÚLTIMAS

O coruñés Daniel Agra regresa ao India Photo Fest con catro fotografías

O artista galego Daniel Agra presenta catro fotografías da súa serie Tesseract Daydreams no...

O festival LGTBIQ+ Norte Cinema Diverso enche a axenda coruñesa

Norte Cinema Diverso chega este ano coa súa cuarta edición que se celebrará do...

Agustín Fernández Mallo reedita ‘Nocilla dream’: “Algún día as máquinas farán novelas tan complexas como as nosas”

O escritor coruñés Agustín Fernández Mallo reeditou a súa novela 'Nocilla dream' (Alfagura) cando...

Avanzan as obras da zona de deportes de praia de San Pedro de Visma

Visita institucional esta mañá para ver como avanzan os traballos da nova zona de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here