InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIODenuncian o esquecemento, e a perda de fondos europeos, do carril bus...

Denuncian o esquecemento, e a perda de fondos europeos, do carril bus en Juan Florez e na Vedra

Publicada o

Por editor

Mentres o Concello esquece a actualización do concesión de transporte urbano (despois dun ano no candeleiro o goberno optou por unha irresponsable prórroga da concesión por dous anos, 2025 e 2026, sen que se fixase ningún prazo para unha nova licitación), segue pendente tamén outra medida que favoreza o uso transporte colectivo e unha mobilidade máis sustentable na cidade: o carril bus, ou carril VAO, carril para Vehículos de Alta Ocupación.

Parece que a recuperación do carril bus de Juan Flórez, e a implatación do carril VAO nas proxectadas reformas da Ponte Pasaxe e da Avenida da Vedra non son unha prioridade para o goberno socialista como denuncia hoxe o BNG, tralas respostas ofrecidas polo goberno local a unhas preguntas da concelleira Avia Veira.

O goberno argumenta que a implantación de devanditos carrís fican condicionados ao novo contrato que vén de evitar actualizar.

Novo contrato

“Deixaron caducar a concesión dos buses sen licitar aínda o novo contrato, é por iso que non actúan ante o estado en que se atopa a frota, con vehículos moi desgastados e pendentes de renovación, sen suficientes frecuencias e con xente agardando nas paradas sen poder subir a buses totalmente ateigados”, remarca.

Fondos europeos

Veira critica tamén o “mal uso dos recursos públicos” por parte do Goberno Local. Refírese en concreto a que o Concello consignou nos orzamentos 540.353 euros, procedentes de fondos Next Generation, para financiar a implantación do carril bus en Juan Flórez.

O Goberno Local afirma que o medio millón de euros se destinará “a outros proxectos”, mais non os especifica, razón que leva o BNG a temer pola súa perda. “É moi difícil de xustificar que non se executase esa actuación, que estaba nos orzamentos”, recalca.

Máis novas

O BNG pregunta pola reimplantación do carril bus por Juan Florez

A nova estratexia galega de mobilidade vai dar resposta ás necesidades de Transporte Público na área coruñesa?

ÚLTIMAS

As Vítimas do Franquismo retoman a petición de eliminar as distincións a Manuel Fraga

Hoxe foi presentado en roda de prensa o manifesto da campaña "Non queremos a...

Aquí tamén se fala segue colleitando apoios para normalizar o nome do Dépor

Mentres a cidade celebra os 25 anos do título de Liga, a mocidade estudantil...

Grazas Pepe, un dos derradeiros grandes soñadores

“Donde estea, estarei por ti, estarei contigo, porque é a forma superior de estar...

Comezan as obras dos novos accesos ao Chuac, que deberían estar rematados en 2027

As obras dos novos accesos ao complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) comezaron coa...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here