InicioA CORUÑAO BNG pregunta pola reimplantación do carril bus por Juan Florez

O BNG pregunta pola reimplantación do carril bus por Juan Florez

Publicada o

Por editor

Os orzamentos do Concello de 2022 incluían unha partida de 1,6 millóns de euros (a metade sería investida de 2023) para a reimplantación do carril bus na rúa Juan Flórez, eliminado polo goberno de Carlos Negreira (PP) no comezo do seu mandato (2011-2015), despois de 4 anos en funcionamento.

Dende esa, o debate sobre a reimplantación do carril bus está enriba da mesa pero nin Marea Atlántica nin PSOE foron quen de facelo, a pesar desa partida orzamentaria, que se sustentaba en máis de medio millón procedentes de fondos europeos Next Generation.

“Ante a evidencia de nada se ter feito -de, 5 anos após a chegada de Inés Rey á Alcaldía, non se ter dotado a cidade de un só metro de carril bus-“, a concelleira nacionalista quere saber “cal é o motivo polo que espazo para uso exclusivo do transporte urbano non se repuxo, ao tempo que inquire o Goberno Local se é consciente de que hai máis de medio millón de euros de fondos europeos en xogo”.

“Pode concretar o Goberno Municipal se o Concello vai ter que devolver os fondos concedidos se non se executar a obra?”, pregúntalle Avia Veira ao Executivo coruñés, a quen cuestiona tamén se é que desistiu “de recuperar unha medida que melloraba notabelmente os tempos dos percorridos do bus na nosa cidade”.
Se non desistiu, daquela cando e en que rúas vai o Goberno Local reimplantar o carril bus, pregunta a modo de conclusión a concelleira do BNG.

ÚLTIMAS

Entregan unha vivenda á nai ucraína con catro fillos á que aprazaron un desafiuzamento na Coruña

A nai ucraína con catro fillos, á que a semana pasada aprazaron un desafiuzamento...

Inés Rey destaca a eficacia da declaración de mercado tensionado: “Os resultados están aí”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, defendeu a eficacia da declaración de zona de...

O Festival Manicómicos leva o mellor circo contemporáneo a catro barrios da cidade

Este xoves 16 de xullo arrinca a edición 25 do Festival Manicómicos. Esa cita...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here