InicioA CORUÑAO uso do bus urbano medrou un 20% nos últimos 5 anos

O uso do bus urbano medrou un 20% nos últimos 5 anos

Publicada o

Por editor

Interesantes cifras que ofrece hoxe a Compañía de Tranvías, debullando como é o uso das 24 liñas de 24 líñas dos autobuses urbanos. A empresa, que conta cunha flota de 95 autobuses e 300 empregados, destaca que pechou 2024 batendo un récord de rexistro de viaxeiros con 27.547.184 millóns de usuarios, un 10,9% máis que en 2023, e un 19,8% máis que en 2019 (case 2 millóns de viaxes máis).

Pero máis importante se cadra é a tendencia, xa que segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, o incremento do uso do autobús en 2024 con respecto a 2019 é do 19,9% na Coruña fronte ao 11% de media do territorio nacional.

Cómpre resaltar que as reducións do prezo do transporte público aplicadas dende o goberno central (do 30% en 2022 e do 50% dende comezos de 2023) foron chaves neste crecemento.

Como viaxamos en bus

No que respecta ao comportamento dos viaxeiros en autobús na Coruña, os datos revelan que o uso dos transbordos está a aumentar significativamente, tanto entre liñas urbanas distintas como entre liñas urbanas e interurbanas, acadando o 11 % dos desprazamentos en 2024, mentres que en 2019 roldaba o 8 %.

O pago a través de aplicacións móbiles alcanzou o 12,3% o ano pasado e segue aumentando no que vai de 2025, chegando xa ao 17%), fronte á redución do uso do efectivo nos pagos, que se sitúa nun 4%, nove puntos 2019.

Perfil Uso buses urbanos Coruna 2024

As liñas máis usadas

As liñas que reuniron un maior número de viaxeiros en 2024 foron, por orde:

  • A liña 14, que une Os Rosais e O Castrillón;
  • A liña 6, que vai de Monte Alto a Meicende;
  • A liña 11, que vai entre As Lagoas e o centro comercial Marineda City,
  • A UDC/24, que une a Praza de Pontevedra co campus de Elviña e A Zapateira.

No que respecta ás épocas do ano nas que os coruñeses usan máis o autobús urbano, destacan os meses de setembro a novembro, e entre semana son máis os viaxeiros entre semana que os fins de semana e festivos, destacando lixeiramente os mércores como o día con máis usuarios de luns a venres.

Uso buses urbanos Coruna mes a mes 2024

ÚLTIMAS

O profesorado conmemora unha marcha fúnebre polo ensino público na súa primeira xornada de folga

Con menos incidencia da que debería entre as familias (si que conta co apoio...

(Vídeo) Retiran unha balea de 30 toneladas que apareceu morta na costa da Coruña

Efectivos participaron este martes nun operativo para a retirada do mar dunha balea de...

O IMCE convoca unha reunión cos usuarios do programa de lecer do Fórum e do Ágora ante a suspensión da viaxe de fin de...

Co hipotética suspensión das viaxes de fin de curso, a dirección do IMCE vén...

Falece unha muller na Coruña ao saírse o seu coche da vía en Alfonso Molina

Unha muller, de 49 anos e natural da Coruña, faleceu na Coruña nun accidente...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here