InicioSen categorizarPepe Carreiro expón o seu humor

Pepe Carreiro expón o seu humor

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Figura indiscutible do humor e da prensa galega é Pepe Carreiro. As súas tiras cómicas teñen pasado nos últimos 40 anos por xornais como Faro de Vigo, Diario de Galicia, La Voz de Galicia, El Mundo (edición Galiza), Xornal de Galicia e Nós Diario, e en semanarios e revistas como A Nosa Terra, Can sen Dono, Tempos Novos, A Trabe de Ouro  e Xo! , para acabar neste século servindo de fachenda galega polas rede sociais.

Este mes de febreiro poderemos gozar de 50 das súas pezas na mostra ‘Humor para mudar o mundo. Que graza!’ que se estrea este mesmo venres 14 de febreiro, ás 19:30h no local da A.C. Alexandre Bóveda, no primeiro andar do edificio do Circo de Artesáns, na rúa Santo André, 36. Non faltará o propio humorista gráfico e creador dos Bolechas.

A mostra, organizada Federación Galiza Cultura, recolle o sentir da pluma do autor vigués: unha primeira, frase en serio e pretensiosa (Humor para mudar o mundo), que logo, na segunda, cunha contestación burleira (Que graza!) rebaixa as ínfulas da primeira parte e lle dá un baño de realidade.

Pepe Carreiro exposicion

É un mestre da síntese expresiva, tanto desde o punto de vista do debuxo como do texto. Neste sentido, encádrase de cheo na tradición do humor gráfico galego inaugurada por Castelao.

 

ÚLTIMAS

Piden transparencia ante o importante achádego arqueolóxico das obras da urbanización de Visma

Avanza, ante a ollada de toda a cidade, o delirio urbanístico de Visma. Máis...

O proxecto #ODéporédaCoruña, recoñecido nos VII Premios Mil Primaveras da CTNL

Arrasa a rapazada do IES Rafael Dieste en materia de normalización. O traballo dos...

Investigan como asasinato o corpo dun home atopado no seu domicilio nos Mallos

A Policía Nacional investiga como un posible homicidio a morte dun home atopado morto...

Arteixo convertiuse no epicentro da música tradicional no XXVI Concurso de Xiradela

O auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo acolleu este domingo o XXVI Concurso...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here