A produtora galega Brava suma un novo fito na súa traxectoria. Con apenas un ano de historia, contan cunha doble nominación nos Premios Mestre Mateo, e xa rondan unha ducia de nominacións, e dous os galardóns (o ano pasado levaron premios por “Espazos en Branco”, de Bruno Arias e por “O Coidado” de Miguel Canalejo) as levan nos Goya do audiovisual galego. Pringadas T2 (ver na TVG) e A Moza que Abortou e o Contou (ver en Filmin) son finalistas na categoría de Mellor Serie Web, consolidando así a aposta de Brava por “un audiovisual innovador, xuvenil e feminista”.
Cristela Torres (A Illa de Arousa, 1995) e Bea Villar (coruñesa de 1998 que medrou en Oleiros e vive nos Mallos) crean hai xusto un ano esta produtora, coa idea de “transformar o audiovisual galego”. Aí é pouco. E polo camiño cruzáronse con outra rapaza Belén Puime (Coruña, 1998) que está cambiando a forma de contar as cousas. Coñecidas xa da carreira e do máster, unen os seus camiños para “crear contido innovador, cunha mirada nova e feminista, centrada en narrativas frescas e en galego”.
Mentres Brava ten producións en marcha como “Ratiña” (de Alicia Úbeda) ou “Contando historias” (con Xulia Lomba), Belén está inmersa tamén noutros proxectos profesional propios como guionista, produtora… pero tamén como creativa no departamento de CTV, a produtoria de programas como Luar, Land Rober, o Fogar das Margaridas… “Despois de facer o master en produción executiva, que quixen centrarme máis no desenvolvemeno de proxectos. Estiven nunha produtora de Madrid, e cando puiden volver, volvín, sen gañas de marchar, para facer proxectos dende aquí”, destaca Belén, que valora a boa saúde do audiovisual galego.

- Bueno, doble finalistas aos Mestre Mateo… Xa esperando a cita deste sábado 15 de marzo en Lalín, non?
BELÉN: É certo que como somos académicas, xa temos estado e non estamos tan nerviosas como estivemos.
Hai dous anos fun con “Pringadas T1”, e foi algo drama; iamos moi hipe e despois algo de baixón. Pero este ano non vai ser drama non vai ser porque eu non vou chorar se non gaño. Este ano, e é unha das cousas que vou mencionar no discurso se gaño, este ano é o ano das webseries. Hai un hiperboom de profesionalidade, de calidade, de ver proxectos e flipar. Xa é moi difícil entrar entre os 4 primeiros. Calquera das propostas vai ser válida e creo que todas reflexamos cousas semellantes pero moi diferentes, somos amigas da nosa xeración…
BEA: Se non gañamos, non o imos sentir como unha derrota, porque coñecemos ao resto de finalistas e as valoramos moitísimo.
O certo é que hai un cambio tremendo, é que as webseries de hoxe en día, comparada de hai 3 anos, teñen un apoio moito máis firme.
- E que provocou este cambio?
BEA: Dous alicerces funamentais: A primeira foi que sacaron unha convocatoria de AGADIC, na súa convocatoria de Talento para webseries, que só durou 2 anos, pero daban 15.000€, e con iso xa fas algo, e podes dar un paso adiante. E a segunda é que dende hai un ano está a plataforma AGalega que está apostando por esta clase de contidos. A plataforma foi impulsora deste formato, diso non hai dúbida, pero son orzamentos diferentes.
Ademais, a día de hoxe hai moitas produtoras en Galicia. Nós só levamos un ano, pero todos os proxectos que amadriñamos, que teñan unha mesma liña narrativa, cousas da mocidade, feitas por creadoras novas. Iso é o intentamos. Impulsar o talento mozo galego, porque o hai e moito.
- Falades directamente de que a intención de Brava é fomentar a “transformación do audiovisual galego”. Carai non??
BEA: Había un oco de contido no audiovisual galego, e encher ese contido da xeración Z un pouco máis nova dende a propia xente nova. Contido de xente nova para a xente nova.
BELEN: Cando fixemos Pringadas por primera vez, viamos que a industria galega está nun bo momento, pero si que botamos en falta cousas para a xente nova e co noso idioma Creo que foi a clave de que Pringadas funcionase tan ben.
- Carballo Interplay. Que importancia ten na vosa carreira e na de tanta xente moza que xa está triunfando no audiovosual galego e estatal?
BELÉN: Eu débolle toda a miña carreira profesional ao Carballo Interplay. Eu traballo no que traballo gracias a ter feito “Pringadas”, que é a miña carta de presentación, e por iso se non tivese saído ese primeiro e pequeno financiamento do festival carballés, ao mellor me tivese dedicado a outra cousa. Non podo dicir nada malo do Interplay. Eu fun en segundo de carreira, non cría que o dixital era o camiño, pero cando cheguei alí, volvín dicindo isto é ao que me quería dedicar.
- Canto de necesario é falar, en prime time e na tele pública, de temas como a mestruación, das enfermidades de transmisión sexual, de saúde mental…
BELÉN: Eu creo que as mensaxes que transmitimos, son mensaxes xeracionais. Sería absurdo dicir que a xeración Z é a primeira xeración que fala disto. Todo mundo o contou, pero creo que contamos dunha maneira diferencial, a xente si que parou no papiloma, pero rupturas, ETS, romper cunha parella, ter relacións abertas… cada época tense que falar destas cousas porque é unha forma de acompañar a xeración que pasa. De feito, cando pasou o papiloma non tiña un referente en ficción sobre o tema, e a partir de aí si que houbo moita xente que se nos achegou, falando de que lle axudara.
- Ademais, falando con luminosade e naturalidade destas cousas.
BELÉN: Non quero facer un hiperdrama de cousas que pasan na vida normal. Cando me dixeron que tiña papiloma se me acababa o mundo, pero agora ríome, e creo que as mozas teñen que ver tamén esa visión máis natural e menos escura.
- E canto de necesario e ofrecer unha ollada feminina e feminista na tele e nas redes?
BEA: Ademais de contido de mocidade para mocidade, ao sermos dúas mulleres, intentamos rodearnos doutras mulleres porque hai sectores do audiovisual onde somos clara minoría. É certo que queremos tender unha man a xente que coñecemos, mulleres, LGTBI+ que non adoitan ter tantas oportinidades entre un home hetero. Se teño que escoller un home dun 8 e unha muller dun 8, escollo a muller. Hai mulleres moi competentes.
- Como chega “A Moza que Abortou” e o contou a Filmin? Hai diferencia en estar posicionada en AGalega que en Filmin?
Belén: Estivemos nominadas no “Serializadas”, un dos festivais máis importantes de España, e ese feito dache a oportunidade de reunirte con varias produtoras, entre elas con A3media ou Filmin. Esta última deixaba a porta aberta a que se quixeramos meter algo en Filmin que falásemos. E lles gustou, e adiante.
Agalega e Filmin son cousas diferentes. Co de Filmin, é a primeira vez que unha serie en galego dirixida por unha muller logra estar nunha plataforma. E por outro lado Pringadas é das poucas series orixinais que ten agalega.gal, que financia e produce a TVG. Son dous fitos diferentes, en dúas plataformas moi diferentes pero ambas importantes.
- Contodo, non parece que haia moito contido en galego nas plataformas, non?
Si que hai contido en galego nas plataformas, a maioría das series en galego está nas principais plataformas pero tamén é verdade que nunca vai chegar o momento de dicir que hai o suficiente.
Máis novas
A serie Pringadas, da herculina Belén Puime, despide a segunda temporada con Fillas de Cassandra
A directora herculina Alicia Úbeda debuta en ficción con “Ratiña”