InicioA CORUÑAO BNG presentou a súa campaña de mobilidade

O BNG presentou a súa campaña de mobilidade

Publicada o

Por editor

Mentres a cidade debate publicamente o futuro do transporte urbano nos Encontros Participativos polos barrios, o BNG presentou a súa campaña de mobilidade, fundamentada en tres eixes: “Primeiro os peóns. Segundo, o transporte público. Terceiro, as bicis. Cuarto, os coches”

Co lema “Movemos ficha para que A Coruña avance”, Ignacio Siota e Avia Veira, propuxeron ideas para solventar os problemas da cidade. O propio cartaz da campaña xoga con conceptos básicos que deben orientar esas políticas: Accesibilidade universal, menos Coches, máis bicicOruña, tren ceRcanáis, máis bUs, camiÑos seguros, beirArrúas amplas. Conceptos que, enlazados, forman o acróstico A Coruña.

A campaña, canto ao contacto directo coa veciñanza, arrancará este sábado cun acto en Novo Mesoiro, “un dos barrios en que de forma máis paradigmática se coloca o problema da mobilidade”.

Toda a información sobre a campaña, detallou Siota, atópase na web jorquera.gal, “e desde logo iremos informando sobre o seu desenvolvemento nas redes sociais do BNG da Coruña”.

A MOBILIDADE COMO DEREITO BÁSICO

O principio filosófico que sustenta a campaña é o de “concibir a mobilidade como un dereito básico da veciñanza”, destacou pola súa banda Avia Viera.

E a forma en que se satisfai, ou non, ese dereito básico di moito sobre o modelo de cidade que cada forza política ten. “No do BNG, a orde de prioridades está moi clara. Primeiro, os peóns. Segundo, o transporte público. Terceiro, as bicis e patinetes. E en cuarto lugar, os coches. Por dicilo cunha frase gráfica, aparcados é onde están mellor os coches”, dixo Veira, quen enfatizou que calquera estratexia de solución dos problemas de mobilidade ten que pasar por unha escala que vai máis alá da cidade, na perspectiva da creación da Área Metropolitana.

Aproveitaron para criticar que “o goberno local non fixo os deberes”, lembrando que “o contrato do transporte público urbano caducou o pasado mes de decembro sen que o Goberno Local tivese en tempo e forma convocado un novo concurso que resolvese as deficiencias do servizo actual e que evitase a prórroga deste”.

“Están ben os encontros coa veciñanza que está a organizar o Goberno Local, mais deberían terse realizado moito antes. Lamentamos esa falta de dilixencia”, dixo Veira.
O BNG si vai facer coa veciñanza para “socializar as nosas propostas”, moitas das cales xa foron ensaiadas, e con grande suceso, en cidades e vilas gobernadas polo BNG, “cidades vangardista e referenciais, non só no Estado, senón tamén no plano internacional”, concluíu.

Máis encontros

Esta son a lista de encontros abertos propostos polo Concello:

  • 8 de abril: Centro Cívico dos Mallos.
  • 24 de abril: Centro Cívico de Monte Alto.
  • 6 de maio: Centro Cívico de Monelos.
  • 20 de maio: Centro Cívico do Birloque.
  • 19 de maio: Centro Cívico dos Rosales
  • 5 de xuño: Fórum Metropolitano.
  • 10 de xuño: Centro Cívico de Eirís.
  • 12 de xuño: Centro Cívico de Elviña.
  • 14 de xuño: Circo de Artesáns.

Máis novas

A conexión cos hospitais e a ampliación do autobús nocturno, entre as principais demandas do plan de bus urbano

 

ÚLTIMAS

A exsubdelegada do Goberno na Coruña María Rivas postúlase para liderar a lista do PSOE na provincia

A exsubdelegada do Goberno na Coruña e actualmente directora do Plan Estratéxico da cidade...

O Concello da Coruña lanza unha campaña para animar aos mozos a falar de saúde mental sen prexuízos nin medo

O Concello da Coruña vén de lanzar unha campaña municipal para achegar a conversa...

A Xunta somete a información pública o proxecto relativo a expropiacións pola ampliación do Chuac

A Axencia Galega de Infraestruturas publicou o anuncio de 29 de setembro deste ano...

A Xunta autoriza a Inditex a construír un parque eólico no porto exterior da Coruña

Inditex conseguiu a autorización da Xunta para a construción dun parque eólico no porto...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here