As rúas do centro esta mañá estaban ateigadas. Máis de 14.000 turistas procedentes de 5 cruceiros agolpábanse entre as terrazas da Marina e da Praza da María Pita, percorrían o paseo marítimo ou ocupaban un espazo sempre inhóspito como o Rosal dos Xardíns de Méndez Núñez. A Autoridade Portuaria preparaba o tetris para a primeira escala quíntupla en toda a traxectoria da cidade e a segunda maior en número de visitantes da historia da cidade.
Ben preto pol mañá, o MSC Poesía, procedente de Leixoes con máis de 3.000 pasaxeiros, atracaba no peirao de San Diego, debaixo dos Castros. O peirao de Calvo Sotelo acollía doble visita, polo lado norte o Almera (con 835 pasaxeiros, procedente das Azores e que sae ás 15:00 camiño de Honfleur, na Bretaña Francesa), e polo sur o P6O Cruises (con 3.200 pasaxeiros, procedente de Southampton e de camiño a partir das 17:00h a Madeira).
Tamén a primeira hora da mañá, no peirao Centenario Oeste atracaba o Balmoral (de 1.400 pasaxeiros, procedente de Madeira e camiño de Southamptom dende as 13:30h).
Por último arredor das 12:30h, facía entrada no peirao de Trasaltánticos (o do Palexco) o Celebrity Apex, procedente de Southampton e camiño das Azorez, con máis de 3.2000 pasaxeiros a bordo, que pasarán o día ata as 22:00h da noite.
Esta é só unha das xornadas desta semana, nos que a cidade recibe 13 embarcacións deste calado e uns 40.000 visitantes.
Unhas cifras que fan repensar o modelo turístico que quere ter a cidade.
View this post on Instagram
Cartos, modelo ou medioambiente
Por un lado sempre está o argumento dos cartos. E de seguro que os establecimentos hostaleiros e comercios da zona do Obelisco, María Pita, Marina, e algo os da Cidade Vella (esta mañá non é que houbese moito movemento polo casco vello arredor das 13:00) estarán encantados coa chegada destes cruceiros, pero a realidade é que a meirande parte da cidade non se beneficia deste turismo.
Os informes medios a nivel estatal tasan o gasto medio dun crucerista ao día entre 40 e 60€ (certo é que apenas pasan 8 horas na cidade), polo que un día como o de hoxe, con máis de 14.000 visitantes, se poderían chegar a deixar na cidade entre medio e un millón de euros. Uns cartos, en calquera caso, moi concentrados.
Pero tamén hai moitos argumentos polo lado da masificación turística e o modelo turístico que quere seguir a cidade, e sobre o impacto ao medioambiente.
Neste eido, Xosé Manuel Barros, da respectada Asoc. Mar de Fábula, define a situación vivida hoxe como “unha bacanal da contaminación”. Barros, que xa ten enviado unha carta directa ao goberno municipal sobre o tráfico de cruceiros, e mesmo ten denunciado a descarga das augas residuais no Corredor Marítimo de Fisterra, a menos de 20 millas da nosa costa como teñen corroborado atopando varios elementos nunha limpeza realizada este inverno nun areal de Ferrol, explica o seu argumentario.
”Zona de baixas emisións?”
Barros pon o foco na contaminación aérea que se xenera nun día coma este, porque “ao non haber conexión eléctrica, os 5 cruceiros necesitan manter os seus motores prendidos, emitindo dióxido de carbono, óxido de sofre, óxido de nitróxeno, e partículas contaminantes… Coa paradoxa de ademais están atracados nunha Zona de Baixas Emisións instalada polo propio Concello”, apunta. Matiza que a Autoridade Portuaria ten como obxectivo esa conexión eléctrica, pero a complexidade da afronta demóstrase en que portos como o de Barcelona non a teñen aídna desenvolvida.
Para Barros, o “beneficio económico é unha falacia”, entendendo que xa teñen a comida pagada no propio barco, e que os cruceristas se dedican a “dar paseos e tomar algún café e algunha cervexa”.
Critica tamén a “turistificación” do centro da cidade, e lembra que “xa son moitos os portos europeos que poñen límites ao atraque ce cruceiros, por razóns de agobio, ou criterios medioambientais”, e lamenta que nesta cidade, “nun derroche de tercermundismo e paletada, abramos as portas a esta clase de turismo. É unha brutalidade”.
Máis novas
O porto da Coruña recibiu este martes a cinco cruceiros e 14.500 persoas
O porto da Coruña, na orixe da industria turística dos cruceiros a nivel mundial
Os cruceiros teñen permiso para descargar as súas augas residuais no Corredor Marítimo de Fisterra
Carta aberta ao novo goberno municipal sobre o tráfico de cruceiros no porto da Coruña
A esfera panorámica dun dos cruceiros máis grandes do mundo sorprende na Coruña