InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIO“O Consello da Memoria Democrática leva 4 anos sen se convocar"

“O Consello da Memoria Democrática leva 4 anos sen se convocar”

Publicada o

Por editor

Como recordou hai apenas un par de semanas a Asociación pola recuperación da Memori Histórica, tamén o BNG lembra a necesidade de convocar o Consello da Memoria Democrática, pois leva catro anos sen ser convocado.

A concelleira do BNG Mercedes Queixas vai defender unha moción, no Pleno do vindeiro xoves 8M, para instar o Goberno Local a que desatasque as súas “múltiples tarefas pendentes” en materia de memoria democrática.

Queixas critica que o goberno local “aprobase o recente nomeamento de lugares da memoria (contorna da Torre de Hércules, Casa Cornide, Casa Casares Quiroga) sen consultar previamente con ese órgano”.

Queixas enumera as “débedas pendentes” do Goberno de Inés Rey en materia de memoria democrática: “Desde hai 6 anos ten nun caixón o informe do Instituto José Cornide sobre as retiradas de honras e distincións a asasinos e represores fascistas. Alén diso, continúa sen cumprir o acordo da Xunta de Goberno Local de 2020 para a colocación dun monumento como tributo aos ‘Irmáns da Lixivia’, asasinados polos fascistas en 1936. Unha escultura de Ramón Conde cedida ao Concello por Selva García, fillo dun dos superviventes da barbarie”.

Máis novas

A CRMH insta o Concello da Coruña á convocatoria “inmediata” do Consello de Memoria Democrática

A Casa Cornide segue sen cumprir coa apertura ao público polo menos 4 días ao mes

Chisco Fdez. Naval: “Meus fillos tiñan que saber”

“Os tempos son chegados”: Monge consegue o compromiso municipal para eliminar os 378 símbolos franquistas da cidade

ÚLTIMAS

O BNG e Sumar tamén denuncian o polémico concurso da Fundación Luís Seoane

Despois da denuncia realizada no Xornal da Coruña polo concurso dunha praza de directora...

Unha lembranza polo represaliado Ramón Maseda 

Continúa a cidade vivindo necesarias homenaxes a ilustres vítimas do franquismo. Esta semana xa...

ADACE cuestiona “a equidade do concurso e a confianza na gobernanza da Fundación Luís Seoane”

Trala denuncia realizada no Xornal da Coruña polo polémico concurso dunha praza de directora...

O Rosalía acolle un encontro galaico-portugués de teatro e literatura

O domingo 19 de outubro terá lugar a X Xornada da Sección de Literatura Dramática. VIII...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here