InicioMOV. SOCIAIS“Os pobos europeos pola paz” mobilízanse na Coruña o 9 de maio

“Os pobos europeos pola paz” mobilízanse na Coruña o 9 de maio

Publicada o

Por editor

Importante convocatoria da plataforma A Coruña Pola Paz nestes tempos de contratos armamentísticos e xenocidios. O 9 de maio, coincidindo co 80 aniversario do final da Segunda Guerra Mundial, a plataforma convoca unha concentración cidadá ás 20:00 h na praza de Pontevedra, sumándose ao chamado do European Peace Project, unha mobilización internacional descentralizada en defensa da paz en Europa.

Baixo o lema “Os pobos europeos pola paz”, a convocatoria apela á conciencia cidadá para reclamar o cesamento das guerras, o freo ao gasto militar e o compromiso firme coa resolución pacífica dos conflitos e coa inversión social.

O acto será tamén unha homenaxe ás vítimas da guerra, do odio e da indiferencia en todo o mundo. A apertura correrá a cargo da bailarina Concha Pita Conde, que ofrecerá a súa peza “Danza pola Paz”.

A Coruña Pola Paz chama a asistir vestidas e vestidos de branco ou levando bandeiras brancas como símbolo universal da paz. Convida tamén a traer unha flor para ofrecer colectivamente durante o acto.

O manifesto que se lerá, proposto polo European Peace Project, denuncia a deriva militarista da Unión Europea e reclama recuperar o espírito orixinal do proxecto europeo como espazo de cooperación e convivencia entre pobos. Afirmando a fraternidade entre a cidadanía europea, condena a escalada bélica e reivindica a participación social como única vía para construír unha Europa de paz.

Entidades integrantes de A Coruña Pola Paz

  • Asociación Veciñal As Xunqueiras – Mesoiro – Vío
  • Asociación Veciñal Lonzas, Avenida del Ferrocarril, San Cristóbal das Viñas
  • Asociación Veciñal Feáns “O Freixo”
  • Asociación Veciñal Monte Martelo
  • Asociación Veciñal San Cristóbal das Viñas Os Anxos
  • Asociación Veciñal San Cristovo das Viñas
  • Asociación Veciñal e Cultural Oza Gaiteira Os Castros
  • Brigantium Atlántica e Verde
  • CUT Galiza
  • Greenpeace
  • Marcha Republicana de Galicia
  • Modepen Coruña
  • Mundo Sen Guerras E Sen Violencia A Coruña
  • Podemos A Coruña
  • Poten100mos
  • Sindicato da Elevación Galicia
  • Sindicato Labrego Galego
  • Solidariedade Galega
  • Unión Comarcal Comisións Obreiras A Coruña
  • Vangarda Obreira

Máis novas

Os recoñecementos á Defensa dos DDHH da Rede Acampa pola Paz terán cores palestinas

ÚLTIMAS

Cortan, só en horario nocturno, o tráfico en Alfonso Molina desde este luns pola montaxe dunha pasarela

As obras de reparación da pasarela entre as estacións, situada no quilómetro 0,03 da...

Alerta no río Mero en Cambre ante posibles inundacións

A Xunta mantén activo o Plan Especial de Protección Civil ante o risco de...

Fina Paulos, recoñecida como Mellor Docente de Secundaria de España nos Premios Educa Abanca

O ano pasado xa quedou de segunda, pero este curso a mestra Fina Paulos...

“Como pode divertir ver un animal sufrir”

Este pasado domingo 1 de febreiro, colectivos de todo o estado desenvolveron unha manifestación...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here