InicioA CORUÑAConcello e Goberno Central, e a Xunta, lánzanse as responsabilidades sobre os...

Concello e Goberno Central, e a Xunta, lánzanse as responsabilidades sobre os cooperativistas de Xuxán

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Continúa a problemática dos cooperativistas de Xuxán. O que apenas hai 3 meses era un exemplo de colaboración pública na xestión da vivenda social, tense tornado en case unha estafa piramidal, que provoca que o alugueiro social dun milleiro de cooperativistas teñan que asumir un “alugueiro social” de 1.000€/mes.

Tralas acusacións do BNG de onte, esta mañá houbo un cruce de declaracións dos dous bandos protagonistas: polo lado socialista, o Concello e o Goberno central; e polo popular, a Xunta de Galicia. Cada un botou culpas no tellado do contrario.

Polo bando socialista, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, demandaron á Xunta que asuma “as súas responsabilidades”, e  rexeitaron que iso se deba ao Instituto de Crédito Oficial (ICO).

A preguntas dos xornalistas, a rexedora recalcou que representantes do goberno local mantiveron reunións cos cooperativistas afectados pero limitou a actuación municipal á de “intermediario”. “É un terreo que a Xunta cede para vivenda social cun risco certo de perda de fondos que repercute en quen queren optar a aluguer social e están a asumir custos inamusibles, a Xunta ten que asumir as súas responsbilidades e se o modelo que utilizan non funciona cambialo e dar canto antes unha resposta e certeza”, apuntou.

Á súa vez, o delegado do Goberno asegurou que a situación destes cooperativas é “alleo” ao ICO, rexeitando que teña que ver co modelo do mesmo. Ademais, dixo que desde o Goberno está en contacto cos cooperativistas e coa promotora das vivendas. “A Xunta é a competente nesta materia, ten que aclarar que é o que está a pasar e apoiar aos usuarios”, recalcou.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visita o barrio de Xuxán pola execución de novas vivendas. XUNTA
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visita o barrio de Xuxán pola execución de novas vivendas. XUNTA

Mentres, o voceiro do PP na cidade, Miguel Lorenzo sinalou que “todos estamos de acordo en que esta promoción de vivenda pública ten que manter o seu carácter social con cotas asumibles. Estivemos de acordo no Pleno, está de acordo a Xunta de Galicia e vemos que tamén o está o Ministerio”, destaca.
Por tanto, “pido máxima transparencia da cooperativa cara aos cooperativistas sobre as condicións económicas e que na reunión do día 20 entre o ICO e a cooperativa concrétese un financiamento a longo prazo para que as cotas sexan asumibles. É fundamental que este financiamento non lles afogue”.
Aproveitou para lanzar balóns ao tellado do goberno central: “O ICO debe flexibilizar e garantir que o financiamento non malogre o carácter social da promoción porque estamos a falar de persoas que queren desenvolver os seus proxectos vitais e persoais ao redor destas vivendas”, sinala.

Lorenzo lembrou que “nos reunimos con eles e estamos en permanente contacto para reiterarlles o noso apoio e trasladarlles que o PP presentou iniciativas similares á aprobada no Pleno en Parlamento, Congreso e Senado”.

Máis novas do conflito

Pontón acusa a Rueda de “estafa” por anunciar como protexidas “vivendas de aluguer a 1.000 euros” en Xuxán

Xuxán como modelo de colaboración pública para promover vivenda protexida

 

ÚLTIMAS

A nai de Diego Bello sinala directamente aos asasinos do seu fillo “ameazado” en Filipinas

A nai de Diego Bello, Pilar Lafuente, testificou nesta xornada no xuízo que se...

A pesca de baixura realizará o luns unha manifestacion marítima e por terra no Parrote

Arrinca hoxe (oficialmente o luns 19) a nova folga indefinida da parque de baixura...

O Concello rescata, a medias, aos traballadores do Programa de Lecer do Fórum e do Ágora

Importante reunión a vivida onte no Auditorio do Fórum entre o Concello e o...

Nova suspensión ao proxecto das Percebeiras para incluír a parcela do antigo Padre Rubinos

O Pleno desta mañá de xoves 15 de xaneiro no Pazo de María Pita...