InicioBARRIOSDesarticulan tres puntos negros de venda de droga nos Mallos

Desarticulan tres puntos negros de venda de droga nos Mallos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Pasa por ser un dos barrios máis conflitivos da cidade en materia de drogas. Sen afectar á seguridade cidadá, si que nos últimos a convivencia con certos narcopisos se estaba complicando no barrio dos Mallos.

De aí que a Policía Nacional afiase o control, e veña de deter 5 persoas na denominada Operación “Benji”, na que desarticulou  tres puntos negros de venda de substancias estupefacientes: tres pisos situados nas rúas Ramón Cabanillas, rúa Vizcaya e Sagrada Familia, existindo relación entre eles.

Foi o Grupo de estupefacientes de UDYCO-Coruña a que dirixiu a operación durante a mañá do pasado mércores 21 de maio. coa entrada case simultánea nos devanditos inmobles. Para a mesma, contouse co apoio da UPR (Unidade de Prevención e Reacción) e coa Unidade Especial de Guías Caninos.

Operacion antidroga nos mallos

Foron detidos tres homes e dúas mulleres. Nos tres rexistros domiciliarios realizados, foron incautadas importantes cantidades de diñeiro, armas prohibidas, utensilios para manipular a droga, así como certa cantidade de substancia estupefaciente disposta para a súa venda última polo miúdo. Tamén foron intervidos dous patinetes eléctricos que os detidos utilizaban para realizar entregas de forma rápida na cidade.

Os agora detidos dispoñían esta rede de pisos relacionados, nos cales se vendía e consumía a substancia ilegal. Cortaban a droga engadindo gran cantidade de produtos de corte á mesma a fin de obter máis rendibilidade, aumentando deste xeito se cabe, o seu perigo e efecto nocivo para a saúde.

No día de hoxe os detidos foron postos ao dispor xudicial.

Máis novas

Convivindo co narcopiso cos Mallos [vídeo]

ÚLTIMAS

A praza de Tabacos acolle o groso da Semana Europea da Mobilidade

Xa botamos un ollo ás interesantes charlas que Mobi-Liza organiza mo MUNCYT sobre outras...

Meses sen soldo, sen traballo e sen paro: a situación límite de seis traballadoras da escola infantil O Berce en Arteixo

As traballadoras da escola infantil O Berce, no concello coruñés de Arteixo, concentráronse este...

Comezan as obras do novo gran parque infantil da Praza de Portugal

Vai ser unha das zonas infantís máis importantes da cidade, na que o Concello...

Un xulgado da Coruña leva a Europa o cobramento das maletas de cabina de Ryanair, Vueling e Volotea

Un xulgado da Coruña solicitoulle ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here