InicioSOCIEDADEO Goberno comprométese ante cooperativistas de Xuxán a garantir o "cáracter social"...

O Goberno comprométese ante cooperativistas de Xuxán a garantir o “cáracter social” das vivendas

Publicada o

Por europapress

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, trasladou a cooperativistas do barrio coruñés de Xuxán o compromiso do Ministerio de Vivenda para garantir o “cáracter social” do modelo de vivendas públicas nesta zona. Así o informa a Delegación do Goberno tras unha reunión do seu máximo responsable con representantes do colectivo que denunciaron unha subida do aluguer social inicialmente previsto e que motivou reunións posteriores dos afectados coas administracións e da sociedade xestora Galivivienda co Instituto de Crédito Oficial (ICO).

Na reunión, expúxolles que as subidas das achegas presentadas pola xestora aos cooperativistas “non están vinculadas a cambios de condicións de financiamento do ICO, por canto este financiamento aínda está en estudo”. Tamén trasladou o apoio do Ministerio de Vivenda “para a execución deste proxecto de vivenda pública de aluguer social, do mesmo xeito que se están executando proxectos similares noutras cidades españolas”.

Nesta liña, apuntou que a liña do ICO para este tipo de proxectos “xa conta con 58 operacións asinadas en España por valor de 715 millóns de financiamento que permiten xa a construción de 6.119 vivendas”. O delegado trasladoulles tamén que o Ministerio expuxo á Xunta a “necesidade de que esta licitación non se converta nunha cooperativa de investimentos, perdendo así o seu carácter social”.

ÚLTIMAS

Centos de antifascistas calan a uns poucos simpatizantes de Vox na Coruña

Centos de persoas concentráronse este sábado na Praza de Lugo, na Coruña, en protesta...

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...