InicioBARRIOSO #Aquítaménsefala segue revertendo o rumbo lingüístico da cidade

O #Aquítaménsefala segue revertendo o rumbo lingüístico da cidade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Normalizar o uso da lingua entre a mocidade da cidade a través da música. Así funciona o proxecto Aquí tamén se fala, que volvía facer historia este venres 13 de xuño, convertindo á rapazada dun instituto nos promotores dun festival profesional, sendo o único festival do mundo promovido por un instituto público. A segunda edición deste festival de barrio, aberto e de balde, convertiu música galega contemporánea nun elemento de identidade, e segue conseguindo revertendo o rumbo lingüístico da nosa cidade.

A praza da Tolerancia, foise enchendo co paso da tarde, como tamén pasaba no SondoCamiño, pasando das bandas máis novas como os Ulex, que arrincaba a festa, a bandas asentadas no panorama galaico.

Foron máis de 5.000 mozos e mozas de toda a provincia as que encheron de maxia e enerxía a praza, e se puido comprobar o fenómeno “fan” que están a provocar as bandas galegas na nosa xuventude.

Polo camiño, o alumnado do IES Rafael Dieste sentíanse como verdadeiros promotores, tratando cos técnicos e cos artistas como se dunha produtora profesional se tratase. Este ano ademais foi máis numeroso o alumnado implicado na organizació, completando todo un exercicio laboral de máxima esixencia para a rapazada que lidera este proxecto que leva mobilizados 250 centros educativos (outra vez comezando de cero) e 25.000 estudantes de toda Galicia.
Ao carón, dando conta da comunidade xerada, a Asociación de Veciños metendo unha man en todo, coas cantinas pero sen vender alcol.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

Dos sons punkeiros da banda compostelá a praza baixaba o ritmo para atender ás letras traballadas de PAVA. As Lucía Aldao, Analis e compañía demostraron estar listas para grandes citas.

Chegaba o ton máis tradi cos Alana, trio formado por Antía Vázquez (Oleiros), Pablo Castro (Vimianzo) e Eloy Vidal (Ponteceso). As pandeiretas e os sons electrónicos fixeron erguerse e bailar a tope á mocidade de Labaañou.

Era a hora da sorpresa, que viña directamente relacionada coa campaña para cambiarlle o nome ao equipo da cidade. Jesús Suárez fixo seu o lema #ODeporédaCoruña, puxo a camiseta de Javi Quiroga (@onovonormal) e cantou ben alto o seu himno branquiazul Mar de Fondo”, coreado polo entregado público coruñés.

Quedaba a traca final, e volveu ser o Chicho de Ortiga (o ano pasado foi con Boyanka Kostova), o que, xa fóra do horario infantil, convertiu a Tolerancia nunha verbena salvaxe. Tremendo como consegue facer romper a bailar á chavalada coas súas cumbias e demáis ritmos cari-galaicos cheos do vento máis clásico verbeneiro.

Movendo a cintura rematou a noite, demostrando que a música galega contemporánea é todo un reclamo, aínda que a media coruñenta non se dea por decatado.

Galería de Claudia Lourido

Así foi a primeira edición

En Labañou tamén se fala galego

Máis novas

Aquí tamén se fala segue colleitando apoios para normalizar o nome do Dépor

ÚLTIMAS

O CHUAC convértese en epicentro internacional da doazón de órganos en asistolia

O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) acolle desde este mércores a novena edición...

“O Mundial era o proxecto estrela de Inés Rey e o que hai é un proxecto estrelado”

Pouco eco un día despois da renuncia do Concello da Coruña ao Mundial 2030....

A CUAC FM soplará ás velas do seu 30 aniversario este sábado 21 de marzo ás 13:04 en María Pita

Inmerso en pleno aniversario, a familia da CUAC FM debullou esta fin de semana...

Os médicos volverán concentrarse este mércores ás portas do CHUAC

Este mércores 18 de marzo, ás 11:00h, hai convocada unha nova concentración de médicos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here