InicioBARRIOSO Festival Manicómicos leva o circo aos barrios da cidade 

O Festival Manicómicos leva o circo aos barrios da cidade 

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

É parte da historia cultural da cidade. En realidade, son parte da historia cultural da cidade. A familia Manicómicos volve ás rúas da cidade, este ano máis espalladas que nunca polos nosos barrios, para celebrar, do 17 ao 20 de xullo a edición número 24 deste Festival cultura a pé de rúa que inclúe unha coidada programación de espectáculos teatrais e circenses ideados para todos os públicos.

Un aperitivo perfecto previo ás festas de María Pita, con espectáculos de alto nivel internacional, e que volve demostrar o seu apoio incondicional ao circo galego, traendo grandes referentes do clown estatal, pero tamén dando espazo a artistas galegas como Assircópatas ou Aitor Garuz de Pista Catro.

Haberá un total de 12 espectáculos abertos ao público en diferentes espazos da cidade como o paseo das Pontes, o Campo da Leña, a praza das Conchiñas, a praza de Pablo Iglesias ou a Casa das Ciencias.
Ademais, o domingo 20 celebrarase a gran gala final no anfiteatro de Santa Margarida. Todas as actuacións son de balde.

Programa Festival Manicomicos 2025

Programación do XXIV Festival Manicómicos

Xoves 17

  • 18.00h | Paseo das Pontes – Rojo Telón: ‘Transir’
  • 20.00h | Paseo das Pontes – Cía. Jimena Cavalletti: ‘B.O.B.A.S.’
  • 22.00h | Paseo das Pontes – La Bella Tour: ‘La Bella Tour’

Venres 18

  • 12.30h | Campo da Leña – Circo Eia: ‘La piedra de madera’
  • 18.00h | Campo da Leña – Circocido: ‘Mayday’
  • 20.00h | Campo da Leña – Maiclown: ‘Alone’
  • 22.00h | Campo da Leña – Bucraá Circus: ‘El Gran final’

Sábado 19

  • 12.30h | Praza das Conchiñas – Aitor Garuz-Pistacatro: ‘O autoestopista
    intergaláctico’
  • 18.00h | Praza de Pablo Iglesias – Cía. Yepa: ‘Signora Gomez’
  • 20.00h | Praza de Pablo Iglesias – La Churry: ‘Woooow!’
  • 22.00h | Praza de Pablo Iglesias – Cía. Maite Guevara: ‘Susto’

Domingo 20

  • 12.30h | Casa das Ciencias – Assircópatas / Rogelio 3: ‘La Fète’
  • 19.00h | Anfiteatro Sta. Margarida – Gala XXIV Festival Manicómicos

Manicómicos

A Asociación Cultural Manicómicos nace en xaneiro de 2004 na Coruña, promovida por un grupo de persoas con distintos niveis de experiencia nas artes escénicas e cun interese común: Investigar, estudar e difundir as artes escénicas e a comedia. Os seus obxectivos son a organización de cursos formativos para os seus asociados e para a cidadanía en xeral, que sirvan para un mellor coñecemento das diferentes técnicas actorais, así como a organización dun festival de teatro cómico de carácter anual na cidade, no que se poidan ver, xunto a novos artistas galegos, a primeiras figuras do panorama cómico internacional que ademáis imparten cursos durante o festival.

Máis novas

Os Manicómicos, finalistas do “Premio Nacional CIRCORED ás Boas Prácticas”

ÚLTIMAS

Varios feridos nunha pelexa multitudinaria entre clans no Burgo

Nova pelexa masiva entre clans no Burgo, en Culleredo, con varios feridos. Polo momento,...

Recorren a posta en liberdade do absolto como cómplide no asasinato de Samuel Luiz

A Fiscalía presentou un recurso no Tribunal Supremo contra a sentenza do Tribunal Superior...

O conselleiro de Sanidade cre que a UDC debe “frear” o trámite para implantar Medicina

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, cre que a Universidade da Coruña (UDC) debe "frear" os...

Castelo xa case conta

Deu comezo a X edición do Festival Castelo Conta. Unha cita "xa imprescindible para...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here