InicioCULTURALucía Aldao abriu a Feira do Libro cun pregón lúcido e combativo

Lucía Aldao abriu a Feira do Libro cun pregón lúcido e combativo

Publicada o

Por editor

A Feira do Libro da Coruña xa está en marcha. Este mediodía tivo lugar o acto inaugural, que contou coa participación da Federación de Librarías de Galicia —organizadora do evento—, xunto co Concello da Coruña, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia como entidades colaboradoras. Pero a protagonista absoluta foi sen dúbida a poeta coruñesa Lucía Aldao, quen asinou un pregón lúcido, combativo e cheo de lirismo, celebrando os libros como espazos de liberdade, encontro e resistencia.

Pregon da Feira do Libro da Coruna 025

A feira desenvolverase entre o 1 e o 10 de agostoen horario de mañá de 11 a 14 h e de tarde de 17:30 a 21:30 h. Trátase do primeiro gran evento das Festas de María Pita, e contará con 38 librarías e editoriais participantes, máis de cen actividades programadas e máis dun centenar de autoras e autores convidados, conformando unha oferta literaria e cultural diversa para todas as idades.

A programación da feira é ampla e diversa, con propostas para todos os públicos e cada día da semana. Entre os eventos máis salientables están, este venres 1, a presentación de Rober Cagiao ás 19:00 h e o recital poético de Yolanda Castaño ás 20:15 h.

sábado 2, será a quenda de Antía Yáñez e Arantza Portabales ás 19:00 h, seguidas de Pedro Feijoo ás 20:15 h. O domingo 3, ás 18:45 h, celebrarase a presentación da obra Luzeiras.

luns 4 comezará con teatro familiar de Pedras de Cartón ás 17:15 h e continuará cun obradoiro de banda deseñada ás 18:45 h. O martes 5 inclúe o obradoiro “Aprende a ler sen luz”, de achegamento ao braille, ás 18:00 h, e un roteiro literario con Rodrigo Costoya ás 19:00 h.

mércores 6 destaca polo teatro familiar con Pablísimo ás 17:30 h, e pola presentación da novela As obras póstumas de Diego Giráldez ás 20:00 h, acompañado pola escritora Blanca Riestra e o director de Xerais Fran Alonso. O xoves 7 haberá dobre cita na Carpa 2: Guada Guerra presentará Las cosas que nos pasan ás 19:00 h, e ás 20:15 h será a quenda de Manuel Rivas con Tras do ceo, acompañado pola académica Olivia Rodríguez e polo editor Fran Alonso.

venres 8 celebrarase ás 18:00 h o obradoiro familiar de marcapáxinas plantables, dirixido por Raquel de Árbore Azul, e ás 20:00 hLaura Agustí e María Hesse conversarán sobre as súas obras. O sábado 9, ás 17:30 h, haberá contacontos con Silvia Penide, seguido ás 18:30 h polo obradoiro de iniciación ao cómic “Unha viaxe con Rosalía”, con Paula Mayor, e ás 20:00 h, a presentación da novela Amnesia de Francisco Lorenzo, que dará paso a un quiz literario con sorteo dunha copia da obra entre os participantes. Finalmente, o domingo 10 ás 10:00 hCristina Pato presentará Fora de foco.

A feira pechará as súas portas cun evento moi especial: o micro aberto “A porta vacía”, moderado por Branca Trigo, ás 20 horas do domingo.

MÁIS NOVAS

Chega o programa das Festas de María Pita

ÚLTIMAS

Caión convértese no “porto das esencias do idioma” na área metropolitana da Coruña

Segundo un estudo realizado polo catedrático Elisardo López Varela, en Caión rexístrase a...

Baiuca invocou as bruxas de María Pita

Unha hora antes, Rosa Cedrón saudaba dende o balón do pazo para dar o...

Viñetas desde o Atlántico celebra a súa edición máis ambiciosa cunha homenaxe a Castelao e máis de 70 autores

A cidade da Coruña acollerá do 11 ao 17 de agosto a edición máis...

Somos as traballadoras do SAF: esenciais pero esquecidas

Chámome Trinidad, son coruñesa e traballo no Servizo de Atención á Dependencia no Fogar....

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here