InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOO Concello de Oleiros denuncia graves incumprimentos do servizo de recollida do...

O Concello de Oleiros denuncia graves incumprimentos do servizo de recollida do lixo do Consorcio das Mariñas

Publicada o

Por editor

Graves acusacións as que lanza o alcalde de Oleiros ao presidente do Consorcio das Mariñas. Ángel García Seoane (AdV) acusa a José Santiso (PP), tamén alcalde de Abegondo, de “tolerar a vulneración sistemática das obrigas contractuais da empresa de recollida de lixo”.

Seoane denuncia “o incumprimento das frecuencias de recollida, a non limpeza dos contornos de contedores, o uso de camións avariados que van perdendo lixo polas rúas e a non reposición de contedores rotos”, pero ademais, critica as últimas “graves deficiencias no funcionamento do punto limpo de Iñás”.

O Concello recoñece que está a recibir as queixas de veciños e veciñas que non poden deixar os seus desperdicios específicos porque leva días cheo, sen que se retiren os distintos desperdicios e obxectos. “Esa inaceptable situación pódese constatar visualmente con todos os contedores a rebosar, amoreamento de grandes electrodomésticos, etc…

Outnto limpo de inas
Outra imaxe do punto limpo de Iñás

“Por que o presidente do Consorcio das Mariñas consinte todos estes graves incumprimentos do contrato de recollida de lixo, que supoñen importantes beneficios económicos para a empresa concesionaria?”, pregúntase o alcalde de Oleiros, que afirma “estudará todas cantas medidas sexan necesarias para paralizar o dano medioambiental e hixiénico que se está a causar no municipio polas deficiencias do servizo”.

ÚLTIMAS

O Congreso condena o “bibliocausto” franquista e salva ‘in extremis’ unha iniciativa para investigar a queima de libros da Coruña

O Pleno do Congreso aprobou este mércores unha iniciativa do PSOE que condena o...

O Dépor galeguizará en maio o seu nome. A mocidade fai historia

Tivo que chegar un grupo de mozos e mozas duns instituto de Labañou, de...

A Policía sostén no xuízo que o loteiro coruñés soubo do premio millonario xunto ao cliente ao que llo ocultou

Manuel Reija, o loteiro da Coruña acusado de quedar cun boleto premiado con 4,7...

A Coruña participa con Google nun proxecto para mellorar a mobilidade inclusiva na cidade

A Coruña é unha do cinco cidades europeas, con Valencia, Zaragoza, Badaxoz e Xénova,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here