InicioCULTURAGonzalo Castro sobre a sinatura da licenza dun festival o mesmo día...

Gonzalo Castro sobre a sinatura da licenza dun festival o mesmo día do seu comezo: “Se aplicamos os criterios de forma estrita non se faría nada nesta cidade”

Publicada o

Por editor

Durante o pleno de onte, ademais de tratar a mala xestión do Noroeste, o concelleiro de Cultura Gonzalo Castro tivo que respostar a unhas duras acusacións por parte da concelleira do BNG, Avia Veira.

A edil nacionalista, a pesar da sintonía que ofreceron ambos grupos políticos (votando xuntos en todas as mocións) no comezo das negociacións para os vindeiros orzamentos de 2026, foi moi crítica sobre a licenza outorgada ao Festival Wake up and Dream, desenvolto no Parque de Bens a comezos de xulllo.

“Por que non se realizou autoliquidación de taxas? Por que figura no expediente un informe asinado polo anterior xefe da Policía Local referido ao Wake Up and Dream de 2024 e non actualizado para 2025?”. Estas foron algunhas das preguntas que lle lanzou Veira tras analizar o expediente descubrindo as múltiples irregularidades que caracterizaron a tramitación da licenza.

Veira aduciu, sen que fose desmentida, que a solicitude de licenza se presentou con apenas 14 días de antelación, a pesar de que o festival estaba anunciado dende abril, e que non se cumpriron os criterios establecidos no decreto da alcaldesa 1/2020. Foi máis alá e sinalou que a sinaltura da propia licenza, apoiada nun informe de copia e pega que mandaría aos hipotéticos feridos ao Hospital de Toledo, asinouse o mesmo día que comezou o festival.

Denunciou tamén a concelleira nacionalista que no expediente figura un documento dunha consultora privada -achegado pola empresa que organizou o festival- que contradicía o informe do técnico de Medio Ambiente funcionario do Concello, que alertaba das contradicións co Plan de Acción contra o Ruído”.

Gonzalo Castro concentrouse en rebater as cuestións medioambientais argumentando o Paruqe de Bens está a 1,4 km do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) das Illas de San Pedro, e que “por esa regla, teríamos que suspender as festas dos barrios de Visma ou do Portiño”.

Máis elocuente foi aínda a resposta sobre a premura e a sinatura do expediente: “Se aplicamos os criterios de forma estrita non se fai nada nesta cidade”, argumentou.

Máis novas

O pleno aproba a ordenanza de mobilidade e das praias

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here